30/11/11

O galego tratado coma unha lingua estranxeira nos xulgados

O ex conselleiro Fernando Blanco foi chamado a declarar nos xulgados de Lugo imputado na operación Campión . Fixo a súa declaración en galego. Ata aí todo normal.

O que non o é, foi o que sucedeu despois: a xuíz considerou preciso traducir a declaración. Houbo que chamar a un tradutor xurado e o proceso durou CINCO HORAS!!!!
Velaí como a nosa lingua é tratada, unha vez máis, coma unha lingua extranxeira
Dado que Blanco esixiu o seu dereito de declarar en galego e que a xuíza Ronsel San José non o domina con fluidez, solicitouse a presenza dun tradutor do servizo da Audiencia. O problema é que se tardou unhas tres horas en traducir ao galego a declaración completa, duns cinco folios.
O descontento tanto de Blanco como dos seus letrados quedou patente coa declaración dun deles, Evaristo Nogueira: Hoxe nos xulgados de Lugo, e non por culpa da xuíza, tratouse o galego como unha lingua estranxeira.

1 comentario: