09/04/14

O IES "Díaz Pardo" de Sada gaña o concurso do manifesto do Correlingua

O paso adiante dos Ameneiros do instituto

 GALEGO, O PASO ADIANTE

E nunca máis un paso atrás, NUNCA MÁIS!!!!
Trazamos un camiño
que arranca esta mañá co Cola-Cao e os cereais.
Bos días en galego, por que non?
Espreguízome con Doraemon, que saca do seu peto máxico o Xabarín Club.
Baixo os chanzos da escaleira, saio da casa co pé dereito, coa mochila e co noso galego.
E xa estou no mundo, no meu  mundo, no teu mundo galego!!
GALEGO,  O PASO ADIANTE
Miraremos atrás só para disfrutar do moito que avanzamos.
Os meus amigos espéranme na rúa,
- EH! Viches que cambiei o meu perfil?
Si, eu dei o paso adiante co galego.
A que esperas ti?
- Quen nos ía dicir que estaría ben  whassapear en galego!. Non si?
- Abofé que si.
GALEGO, O PASO ADIANTE
- Pincha hoxe mesmo no “hashtags”do teu Twitter:
                              # GALEGO
e verás cantos estamos conectados no mundo.
GALEGO, O PASO ADIANTE
Esta nosa Penélope que  tece e tece no galego
e NUNCA DESTECE.
Paso a paso construímos un mundo novo, o noso mundo, o noso mundo futuro, co noso idioma galego. Somos NÓS os que decidimos onde empregalo,  alí onde vaiamos: no instituto, na vila ou  na cidade, tanto ten: virá con NÓS.
GALEGO, O PASO ADIANTE
Este fío invisible e forte que é a lingua vén ao noso carón alá onde vaiamos; ensinémoslla ao mundo en twiter, en facebook...
poñamos o xermolo en cada faro,en cada deserto,en cada estrada,en cada boca que desperta ao mundo.
GALEGO, O PASO ADIANTE
o paso que damos nós cara ao futuro,
nós, si
nós decidimos  empregar a nosa lingua.
GALEGO, O PASO ADIANTE
Nos camiños do mundo enteiro, haberá un corazón galego que latexará co noso acento: sen pudor, sen vergoña , sen prexuízos que abafen a nosa valentía e a nosa responsabilidade de representar a Galicia.
Porque nos une, porque nos fai máis fortes e porque nos identifica na “tea dos teus soños”  DÍAZ CASTRO.

06/04/14

Mirando polo galego



Bases do concurso de animación patrocinado por Óptica Cambre




1.      Poden participar todos os alumnos e alumnas dos centros inscritos no

Correlingua 2014 na comarca da Coruña.

2. A participación no concurso será EN GRUPO.

3. A animación da carreira do Correlingua consistirá no desenvolvemento de ideas (a través de pancartas, disfraces, cantigas...) que contribúan a asociar a reflexión lingüística a actividades colectivas, lúdicas e amenas e interdisciplinares.

4. Valorarase a mensaxe, a orixinalidade e a animación que o grupo lle dea á carreira.

5. Os centros deberán formalizar a inscrición neste concurso enviando un

correo electrónico a correlingua@correlingua.org antes do 2 de maio.

As inscricións deberán ter como mínimo os seguintes datos:

- Centro e número dos integrantes do grupo. Resumo da animación que van facer, indicando tamén o momento da carreira en que o farán (poden facelo durante toda a carreira, pero que sinalen cando menos un dos momentos). Poñemos exemplos:

·        Imos levar unhas camisetas de cor laranxa, cun lema e uns globos. (Durante toda a carreira)
·        Imos cantar unha canción “Galego, paso adiante” na saída, no Paseo Marítimo (á altura do Hotel Riazor...)

Desta maneira o xurado poderá emitir a súa valoración máis facilmente.
O grupo deberá levar algún elemento que os diferencie para poder localizalos no caso de gañaren o concurso.

6. O xuri estará composto pola Comisión Organizadora. A decisión do xurado será inapelábel.


7.- Os traballos premiados poderán ser reproducidos en campañas publicitarias e divulgativas do Correlingua. Para estes efectos os autores cederán os dereitos de reprodución á organización do Correlingua.

8.  Haberá un único premio consistente en 3 tablets, agasallo de Óptica Cambre. O centro gañador decidirá como as reparte entre os integrantes da animación.

9. A participación neste concurso supón a aceptación das presentes bases.

Vídeo do CEIP Salgado Torres para o Correlingua


01/04/14

Reflexión sobre o informe PISA: no me le enseñan nada

Reflexión do xornalista Xosé Manuel Pereiro sobre avaliación do sistema educativo
(informe PISA)

Unha amiga miña viviu un tempo de "vender" enciclopedias polas casas, equipada cunha lista dos alumnos e alumnas que ían máis mal que ben nuns colexios (lista que ela non sabía como a conseguiran na empresa, pero supoñíao). Presentábase como unha licenciada -que o era- que pretendía analizar os coñecementos da criatura. Confrontada coa amolada criatura, preguntáballe pola lonxitude do río Missouri, con ou sen o Mississipii. Silencio. Nova pregunta: a altura da pirámide de Keops. Silencio aínda máis espeso, mentres o rapaz se encollía no asento. Non pasaba da terceira pregunta -"Data da toma de Xerusalén por Saladino?"- e do terceiro silencio cando os pais -normalmente a nai- do alumno estoupaban: "burro, para iso teu pai e eu nos matamos a traballar, para que non aprendas nada!". Era o momento da miña amiga. "No se preocupe señora, no es culpa del niño. En esta enciclopedia vienen todas estas respuestas, ¿ve? Tiene su precio, pero muy inferior a su valor..."


http://www.laopinioncoruna.es/opinion/2014/04/05/le-ensenan/828555.html