22/06/13

Xosé María Díaz Castro protagonista das Letras 2014

A proposta da RAG

Xosé María Díaz Castro (1914-1990) é autor de Nimbos (1961) considerada un dos cumes da poesía galega moderna, e que contén o célebre poema "Penélope" xustamente célebre pola súa beleza e fonda reflexión sobre Galicia e o seu fado histórico.

Membro, xunto con Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Álvaro Cunqueiro e Iglesia Alvariño entre outros, da chamada "escola mindoniense", Díaz Castro mantivo ao longo de toda a súa vida, e malia súa condición de funcionario residente en Madrid, un fondo compromiso coa cultura galega do seu tempo.


21/06/13

Porque vén o verán

Un cantaroke de Paco Nogueiras Nodar

Démos a benvida ao verán. Rematamos o curso. Curtas despedidas e optimismo. Gañas de pisar festas e viaxar. Todos aqueles que queiran bailar e cantar a nosa proposta de "Canción de Verán" que berren ben alto, a ver se chamamos polo bo tempo.
Moitas grazas por un curso inesquecible e agardamos que tod@s pasedes un fermoso e proveitoso verán.

20/06/13

VI xornadas de materiais didácticos

Recursos e materiais didácticos para o ensino en galego

Organiza Nova Escola Galega en Santiago os días 29 e 30 novembro de 2013.  
Pódese participar como asistentes e tamén presentando materiais. Información na páxina da NEG.




19/06/13

Viaxe de ida e volta

Actividade levada a cabo polos equipos de dinamización da Lingua Galega dos IES Pintor Colmeiro de Silleda e o IES Chano Piñeiro de Forcarei. Nela, o alumnado dámbolos dous centros, a modo de "amigo invisible virtual", recoméndanse mutuamente lecturas en galego. Un viaxe de ida e volta a través dos libros.