Amosando publicacións coa etiqueta ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ciencia. Amosar todas as publicacións

01/11/13

Mes da ciencia en galego

O luns 4 de novembro dá comezo a celebración

Este ano o Día da Ciencia en Galego, estará dedicado ao arquitecto Richard Buckminster, á enfermeira Florence Nightingale e a Isaac Díaz Pardo. Será o comezo dunha serie de actividades en toda Galicia.



29/10/13

Día da ciencia en galego: actividades da CGENDL

Videoconferencias de Jorge Mira e Marilar Aleixandre

Con motivo da celebración do IV Día da Ciencia en Galego o vindeiro martes 12 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non universitarios a participar en dúas videoconferencias vía web, na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo.



 

22/10/13

VI día da ciencia en galego

Arte e ciencia. Concursos


A Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA), a Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) e mais a Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA) convidan á comunidade educativa a festexar o vindeiro 4 de novembro o IV Día da Ciencia en Galego, para reivindicar o dereito a gozar da ciencia e da arte no noso idioma. Nesta edición os homenaxeados son o arquitecto Richard Buckminster, a científica Florence Nightingale e o intelectual e artista galego Isaac Díaz Pardo.


31/05/13

Día da ciencia na rúa

Parque de Santa Margarida 4 de maio

Actividades realizadas polo IES Elviña


14/11/12

Facendo partículas polo mundo

Videoconferencia (6/11/2012) organizada pola CGENDL

 

22/10/12

III día da ciencia en galego

A tecnoloxía fala en galego (do 16 de outubro ao 5 de novembro)
Videoconferencia: Facendo partículas polo mundo

Con motivo da celebración do III Día da Ciencia en Galego a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non universitarios a participar nunha videoconferencia vía web o vindeiro martes 6 de novembro (de 12:30 a 13:30 horas), na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo.


09/05/12

VI Feira Matemática

En Palexco o sábado 12 de maio organizada por AGAPEMA

Esta xornada está pensada para a divulgación das matemáticas e dirixida aos alumnos e alumnas de educación infantil, primaria, ESO, bacharelato e formación profesional así como ao profesorado de matemáticas e ao público en xeral. Centrarase sobre as matemáticas e economía. Vantaxes da cooperación. Dende as 11 ata as 19 horas estará aberta a exposición.
Este ano o día escolar das matemáticas celébrase para conmemorar o nacemento do matemático catalán Pedro Puig Adam, que naceu o 12 de maio de 1900.

 Máis información en AGAPEMA

19/12/11

Dicionario de química en galego

 A presentación tivo lugar na Facultade de Ciencias da Universidade de A Coruña

Como conmemoración “duradeira” do Ano Internacional da Química 2011 que remata, a UDC edita o primeiro Dicionario de Química en galego. Nun esforzo excepcional de protección da lingua como patrimonio social e cultural, a obra, recolle máis de 7.000 termos e apéndices con táboa periódica, glosario en galego, castelán, inglés e portugués, escolma gráfica de material de laboratorio, etc.

Coa publicacion deste dicionario, a UDC cumpre con varias das medidas do Plano de normalizacion lingüuística e enfronta o reto de ofrecer un produto de grande envergadura que desenvolve un traballo conxunto entre lingüístas e profesionais.
Dous dos autores da obra son ex-alumnos da Facultade de Ciencias da UDC.

25/11/11

II Día da Ciencia no IES "A Sardiñeira"

Un extintor caseiro, ensaios á chama, pólvora de cores, un billete de 5 € que non arde, un volcán de escuma, ferver auga nun vaso de papel, verme de carbón, burbullas explosivas. Así disfrutaron do II Día da Ciencia en Galego no IES A Sardiñeira. Excelente vídeo.


11/11/11

A química tamén fala galego no ies Elviña

@s alumn@s de 1º de Bacharelato do IES Elviña realizaron experimentos para conmemorar o día da ciencia en galego. A maioría relacionados coa química.

03/11/11

Máis de 10.000 alumnos participarán no Día da Ciencia en Galego

María Isabel Fraga Vila, directora do Museo de Historia Natural da USC, e don Ángel Carracedo, director do Instituto de Medicina Legal, participan nas xornadas organizadas pola Coordinadora Galega de ENDL.
A ciencia tamén se pode facer en galego ou iso cre a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) que pon en marcha este sábado o lema do II Día da Ciencia en Galego. Estas xornadas teñen como obxectivo mostrar que a lingua galega é un idioma apto para o desenvolvemento das materias científico-técnicas no ensino, ámbitos excluídos para o galego en diferentes niveis educativos segundo o Decreto para o Plurilingüismo.


Segundo apunta a coordinadora, a resposta dos centros educativos “está sendo moi boa” e superou as expectativas da organización, posto que xa se cubriron as 100 conexións existentes para os centros de secundaria e algo máis de 60 para os centros de Primaria. En total, serán algo máis de 10.000 rapaces e rapazas de toda Galicia os que seguirán as intervencións dos conferenciantes, aos que lle poderán dirixir preguntas a través dun chat na propia sala virtual da videoconferencia.

14/10/11

4 DE NOVEMBRO DÍA DA CIENCIA EN GALEGO


Con motivo da primeira edición da Xornada pola Ciencia en Galego, a Coordinadora Galega de ENDL e o Departamento de Física de Partículas da Universidade de Santiago de Compostela organizaron esta videoconferencia con investigadores galegos do CERN (Xenebra) e da Facultade de Fisica da USC, que explicaron os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. A videoconferencia tivo lugar o 4 de novembro de 2010 e nela participaron Carlos Salgado dende o IES de Porto do Son, Elena González Ferreiro (Fac. de Física da USC) e Teresa Fonseca e Abraham Gallas (CERN - Xenebra). As súas intervencións foron seguidas por máis de 2700 alumnos e alumnas dende 60 institutos e colexios de toda Galicia. A Unidade Multimedia e TIC da USC fixo posíbel este multitudinario encontro a través da rede. 


Do Cern a Compostela coa Física de Partículas from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo.