13/11/11

Cambre, visto por nenos de 5 anos

O CEIP O GRAXAL gaña un premio educativo dotado con 16.000 euros

As profesoras Jenny Brandariz e Irene Conde do CEIP O Graxal de Cambre editaron unha guía  dos traballos dos seus alumnos de cinco anos sobre Cambre  que gañou o concurso estatal Crearche, no apartado de educación infantil. 

Na guía os nenos fan descricións moi curiosas da contorna que lles rodea. Do río Mero indican que está «chulísimo» porque «ten moitas árbores, algunhas saen do medio do río e fan como illas e outras están por fora, non paseo. Este paseo está feito de terra. É estreito e longo, chega ata Cecebre». Tamén describen a igrexa de Santa María como un edificio «moi grande» e detallan cousas que a moitos se lles pasarían desapercibidas xa que sobre as súas portas de madeira, «metido nun círculo, hai unha ovella cunha cruz grande», indican. Tamén achegan un especial punto de vista da ponte romana que Cambre comparte co Burgo, no que «hai escudos, que vos vin con mamá», está rodeado de «cisnes, patos, peixes e gaivotas», a pesar de que «a ría está sucia, con moita lixo». O Concello de Cambre anunciou que subvencionará a publicación de máis guías.

Ningún comentario:

Publicar un comentario