Unha nova ollada. Unha iniciativa doConsello da Cultura Galega
En 1863 Rosalía de Castro editou en Vigo Cantares Gallegos, un poemario
de inspiración popular que "inaugura a cultura galega contemporánea", en
palabras do profesor Anxo Angueira. Co gallo de celebrar os 150 anos da
súa edición, o Consello da Cultura Galegaofrece unha versión facsimilar desta primeira
edición viguesa de Cantares Gallegos, na que se desenvolven moitas das
temáticas literarias de Rosalía de Castro.
Coincidindo co Día de Rosalía e coa celebración do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos,
a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a
través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral
de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convocan
conxuntamente o concurso Imaxina Cantares! para que os máis novos poidan gozar da obra rosaliana a través de producións en soporte audiovisual.
O certame está dirixido a alumnado dos centros educativos de
titularidade pública coordinado por profesorado pertencente ao equipo de
dinamización da lingua galega que, sempre que o traballo presentado
acade os mínimos de calidade esixidos polo xurado, recibirá 8 horas de
formación permanente. Ademais, para os mellores traballos establécense
dous premios, un primeiro de 300 euros e un segundo de 200, en cada unha
das tres categorías contempladas: educación infantil e primaria,
educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e
ensinanzas especiais. 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos
O primeiro poemario de Rosalía escrito en galego, Cantares Gallegos,
marca o inicio do Rexurdimento das nosas letras e constitúe un
excelente exemplo de reivindicación da nosa lingua e da nosa dignidade
como pobo.
Nos últimos anos, as actividades de carácter audiovisual que promoven
os equipos de dinamización da lingua galega non son só as preferidas
polo alumnado, senón tamén as que se evidencian como máis efectivas para
dinamizar e potenciar o uso do galego no eido educativo.
Con esta iniciativa, o significado dos versos de Cantares Gallegos
reinterpretarase nas formas de expresión máis atractivas para os
alumnos e alumnas de hoxe –videoclips, curtametraxes, anuncios
publicitarios etc.–, sempre sen perder a esencia que os consagrou como
universais.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 22 de marzo de 2013
Prazo de envío das gravacións: ata o 22 de abril de 2013
A Secretaría Xeral de Política Lingüística
xunto coa Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación
Educativa convoca o premio de curtas de animación en galego Nós tamén creamos!.
Este programa está dirixido aos centros de educación infantil e primaria de
titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no
curso académico 2012/2013. O prazo de inscrición para poder participar nesta
campaña remata o 1 de marzo. Podedes consultar a convocatoria nesta ligazón
Canción de Os Diplomáticos de Monte Alto en Xabarín Club.
Quen inventou o futbolín?
Alexandre Campos Ramírez, coñecido como Alexandre de Fisterra,
(nado en Fisterra en 1919 e falecido en Zamora no 2007) foi editor,
escritor, inventor, republicano e testamentario de León Felipe.
Fillo do radiotelegrafista de Fisterra, Alexandre viviu nesa vila ata os cinco anos, para se trasladar despois á Coruña. Ós quince anos marchou estuda-lo bacharelato a Madrid.
Unha
vez alí, a zapataría do seu pai quedou arruinada, polo que ó non poder
paga-lo colexio privado no que estudaba, o director púxoo a corrixi-los
deberes dos párvulos pagando así a matrícula. Tamén traballou na
construción coma peón de albanel, como bailarín de claqué e despois
nunha imprenta. Ademais foi nesta cidade onde coñeceu a León Felipe (do
que sería testamenteiro), que xunto con Rafael Sánchez Ortega, editaron o
xornal Paso a la juventud para vendelo pola rúa.
A guerra e o exilio
En novembro de 1936 quedou sepultado nun dos bombardeos de Madrid durante a Guerra Civil. Ó ter feridas
graves foi trasladado a un hospital de Montserrat (Barcelona). Alí
coñece moitos nenos feridos coma el, incapaces de poder xogar ó fútbol, e
foi daquela cando pensou no futbolín inspirándose no tenis de mesa.
Confioulle
ó seu amigo Francisco Xavier Altuna, un carpinteiro vasco, a
fabricación do primeiro futbolín seguindo as súas instrucións. Non
obstante, non puido vende-lo invento a nivel industrial xa que tódalas
fábricas de xoguetes, a maioría en Valencia, estaban a fabricar
armamento por mor da guerra. Patentou a invención en Barcelona no ano
1937 ó igual có primeiro pasafollas de partituras movido co pé que fixo
para unha rapaza pianista da que estaba namorado. Co triunfo franquista
na guerra, tivo que se exiliar a Francia cruzando a pé os Pirineos e
debido a que estivo a chover durante dez días, perdeu a patente que
levaba no macuto.
No ano 1948 marcha a Quito (Ecuador). Alí funda a revista Ecuador 0°, 0', 0"
coa que dedicaba cada número a poetas dun país. Máis tarde, en 1952,
foi a Guatemala, e alí despois de mellora-lo futbolín comezou a
fabricalos, facendo un bo negocio. Alí foi ademais onde xogou partidas
contra o Che Guevara. Isto aconteu mentres había democracia no país, xa
que tralo golpe de estado do coronel Carlos Castillo Armas, foi roubado e
secuestrado, quedando sen nada.
Axentes especiais españois
embarcárono pois nun avión en dirección a España, pero el puido escapar,
refuxiouse nos lavabos do avión e construíu unha bomba ficticia
envolvendo xabrón con papel de aluminio. Con esa "bomba" ameazou a
tripulación e gañou o favor dos viaxeiros logo de dicirlles que era "un
refuxiado español". O avión desviouse a Panamá. Máis tarde marcha a
México onde atopou amigos poetas e escritores polo que permaneceu alí
adicándose ás artes gráficas e a editar. Así fundou e presidiu a
editorial chamada Editorial Finisterre Impresora dende a cal
editou a revista do centro galego de México e libros de variados poetas,
entre os que se atopan León Felipe e Juan Larrea. Ademais foi redactor
de El Nacional e editou un facsímile da revista Galeuska e o primeiro libro de poemas do nicaragüense Ernesto Cardenal.
O regreso
Cando
volta a España logo de morrer Franco sorprendeuse ó ver que o futbolín
se estendera amplamente, malia que gran parte desta divulgación se
debera ó feito de que os fabricantes valenciáns asumiran o xogo coma
nacional. Convenceu a editorial Alianza para reimprimir as obras
completas de León Felipe e traballou intensamente na divulgación da obra
deste poeta, de quen xestionaría a herdanza coma testamentario.
Os
últimos anos da súa vida vivíunos en Zamora (a patria chica de León
Felipe), onde faleceu, na súa casa do barrio de Pinilla. As súas cinzas
foron espalladas no Río Douro ó seu paso pola cidade de Zamora e no
Atlántico en Fisterra.