31/10/12

IV Asemblea Xeral da Coordinadora Galega de ENDL

QUEN PODE PARTICIPAR?
Na Asemblea poderán participar todas aquelas persoas que estean adscritas á CGENDL a día 9 de novembro de 2012 como Coordinadores/as de ENDL, así como todos aqueles docentes que tamén estean adscritos a Coordinadora nesa data, con voz pero sen voto, a non ser que traian voto delegado dun coordinador/a de Equipo adscrito.

ORDE DO DÍA

IV ASEMBLEA DA COORDINADORA GALEGA DE ENDL
Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2012
Facemos futuro, producimos galego ORDE DO DÍA
  • 17.00. Apertura da asemblea.
  • 17.05. Aprobación do regulamento.
  • 17.10. Lectura e avaliación do Informe anual.
  • 18.00. Pausa-café.
  • 18.30. Presentación do Plan anual de traballo.
  • 19.25. Revisión de vacantes.
  • 19.30. Rogos e preguntas.
  • 20.00. Clausura da asemblea pola Coordinadora Xeral.
Regulamento da IV Asemblea da CGENDL

25/10/12

Bicentenario do cemiterio de San Amaro

@s alumn@s de 3º de ESO do IES Elviña realizarán unha serie de actividades conmemorativas

Estamos ás portas do mes do Samain, do Halloween, de tódolos Santos, de defuntos. Este ano, aproveitando o bicentenario da inauguración do cemiterio máis antigo da nosa cidade, varios departamentos didácticos teñen previsto realizar unha serie de actividades conmemorativas c@s alumn@s de 3º de ESO.


24/10/12

Curso de comunicación en blogs e redes sociais

Para a normalización lingüística

Celebración en Santiago os días 9, 10 e 16 de novembro. Inscrición ata o 27 de outubro.


 Curso de comunicación en blogs e redes sociais para a normalización lingüística. Bloguear, facebookear e twittear desde os departamentos de normalización? Si, claro! Inscrición ata o 27 de outubro:  http://ir.gl/93eabc — con Cgendl Coordinadora Galega Endl  e Política Lingüística.

22/10/12

III día da ciencia en galego

A tecnoloxía fala en galego (do 16 de outubro ao 5 de novembro)
Videoconferencia: Facendo partículas polo mundo

Con motivo da celebración do III Día da Ciencia en Galego a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non universitarios a participar nunha videoconferencia vía web o vindeiro martes 6 de novembro (de 12:30 a 13:30 horas), na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo.


15/10/12

O mercado

Quedades tod@s convidad@s a irdes para a cama a soñar cos cantares, a vida e sorrisos de
 María Fumaça. Boas noites, amig@s!

 

09/10/12

Zona Press: revista galega de baloncesto

Os afeccionados galegos ao baloncesto están de noraboa. O mes de outubro chega cunha innovadora publicación debaixo do brazo. Nace Zona Press, unha revista mensual de básquet, en galego e centrada nun deporte que, se xa tiña auxe en Galicia, conta agora con milleiros de seareiros por todo o país.



05/10/12

Espello deportivo

Nova campaña da Rede de Dinamización Lingüística dirixida ao fomento do galego no deporte   

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do secretario xeral de Política Lingüística e presidente da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, Valentín García, presentou esta mañá na Coruña a nova campaña de promoción do uso do galego no ámbito do deporte que se desenvolverá en escolas deportivas da RDL, co apoio económico da Deputación da Coruña.    

Ver información ampliada 

 

04/10/12

XIV certame musical "A mocidade coa lingua"

Comunicado dos organizadores (IES Sabón) sobre a celebración do XIV encontro


 O certame Musical “A mocidade coa nosa lingua” chega este curso á súa 14ª edición, tendo de novo como finalidade potenciar outros ámbitos de uso para a nosa lingua, axudando a normalizala entre o noso alumnado.

Cartaz do XII encontro organizado polo EDLG do IES Mosteirón

O IES de Sabón resultou gañador do 13º certame, polo que asume a súa organización. Non obstante, antes de reservar día, local e poñelo en funcionamento quixera facer unha serie de consideracións aos compañerios e compañeiras que outros anos vos encargastes desta actividade (e aqueles novos que o asumades este curso):
1ª: Non podemos obviar que a situación económica dos Equipos de Normalización non é a de anos anteriores. Debemos ser realistas e saber dende o principio cales son os centros que se comprometen a asumir os gastos. En anos anteriores os custos repartíronse entre os centros participantes (os fixos foron os premios = 650 euros; algunas veces houbo que facerse cargo doutros gastos: cartaces, gravación, técnico de son…). Imos calcular de entrada 700 euros (premios + cartaces, os mínimos). Habitualmente somos 5 ou 6 centros participantes, polo que os gastos de cada centro serían uns 140 ou 120. Cómpre ter en conta que os centros que veñan de fóra de Arteixo han de asumir os gastos de transporte.
Consideramos que cinco centros participantes sería o número mínimo para que se puidese celebrar o certame.
2ª: Dada a precariedade económica, propoñemos modificar o punto 8 das bases anteriores.
O PUNTO 8 dicía “Valorarase o feito de que as letras ou a música sexan orixinais”.
Dado o elevado importe que se ha de pagar polos dereitos das versións e das cancións que non son orixinais, propoñemos modificar este punto e solicitar que as letras e música sexan orixinais, baixo responsabilidade do centro participante. Outra posibilidade sería que o centro asumise o gasto destinado á SGAE.
Os puntos 5 e 6 deberán lerse tendo en conta este aspecto legal.
Achego as bases do XIII Certame para que se valoren por se estimades que deben sufrir outros cambios.
Agardo as vosas propostas.

Beatriz Real
Coordinadora do ENDL do IES de Sabón (Arteixo)
Outubro de 2012


Bases do XIII certame musical
A mocidade coa nosa lingua”.
1- Os centros comprométense a desenvolver esta
actividade en dúas fases:
- Fase interna de clasificación de cada un dos
centros participantes.
- Fase intercentros.

03/10/12

Club de lectura na EOI da Coruña

O Equipo de Normalización Lingüística da EOI da Coruña anímavos a participar no seu Clube de Lectura... en galego.

01/10/12

Os equipos de normalización piden aos partidos que "derroguen" a política lingüística de Feijóo tras o 21-O

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (Cgendl) vén de enviar aos partidos políticos que concorren ás vindeiras eleccións do 21 de outubro as súas propostas.