09/12/12

Recitando a Celso Emilio. 12/12 ás 12

 Deitado frente ao mar


Video realizado no obradoiro de animación Plástica As Barxas (Moaña)
Alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato coordinados por Luz Beloso


08/12/12

X anos do Prestige

Exposición no IES Elviña realizada polos equipos da Biblioteca e Dinamización Lingüística do Centro


30/11/12

Un desConcerto para o desPrestige

Burla Negra organiza este sábado 1 de decembro un concerto en Santiago no décimo aniversario da catástrofe


DésCÁLOGO


Dés-feito o Litoral
Dés-manteladas a cultura, a educación e a sanidade
Dés-moronados o agro, a industria e a pesca
Dés-terrada unha nova xeración de moz@s
Dés-contento o pobo
Dés-acreditada a clase política
Dés-baratados os cartos públicos en delirios faraónicos
Dés-afiuzada a xente
Dés-prezada a lingua
Dés-protexidos os nosos bens naturais por todos os gobernos
Que nos queda?
Dés-ertar ou Es-pertar?

24/11/12

O TSXG anula o artigo do decreto do plurilingüismo que vetaba o ensino do galego en Infantil

A Xunta desafía o TSXG e seguirá consultando aos pais a lingua do ensino

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza estima parcialmente o recurso presentado pola CIG, a Mesa pola Normalización Lingüística e a plataforma Queremos Galego contra o Decreto de Plurilingüismo do Goberno de Núñez Feijoo.



21/11/12

18/11/12

Concurso de monólogos en galego

Data:
Prazo: ata o 5 de decembro de 2012
Organizada por:
Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude
Requisitos:
  • Alumnado dos IES e dos CIFP púbicos, así como dos centros concertados e privados do concello da Coruña.
  • Descrición da actividade:
  • O monólogo vai consistir nun discurso dun máximo de 5 minutos en lingua galega que deberá tratar o tema determinado para cada categoría.
  • Os monólogos deberán ser “falados”, non lidos. O feito de ler algo será causa de descualificación inmediata.
  • O alumnado poderá participar individualmente ou por grupo. Vos grupos poderán contar cun máximo de cinco particicipantes.
  • Temática: os monólogos deberán versar sobre os seguintes temas:
  • Categoría de 1.º ciclo da ESO: WhatsApp
  • - Categoría de 2.º ciclo da ESO: De maior quero ser...!!
  • - Categoría de bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior: Crise? Que crise?...

16/11/12

RecitandoCelsoEmilio

Video realizado no obradoiro de animación Plástica As Barxas (Moaña)
Alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato coordinados por Luz Beloso


14/11/12

Facendo partículas polo mundo

Videoconferencia (6/11/2012) organizada pola CGENDL

 

13/11/12

d-Lingua

Plataforma cooperativa do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia 
 
A CGENDL, xunto coa CTNL e a SXPL, participa activamente no desenvolvemento de d-Lingua, unha plataforma cooperativa do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) que procurará rendibilizar o noso traballo normalizador ao partillar a producción e a reutilización de recursos de fomento da lingua galega. Así, a través de d-Lingua, os ENDL accederán a materiais, campañas, propostas, etc. elaboradas por outros equipos para aplicar e adaptar nos seus propios centros, así como a outro tipo de recursos empregados polos Servizos de Normalización dos concellos, das universidades ou as asociacións e outras entidades. O noso traballo normalizador depende, en boa medida e máis nestes tempos, da cooperación entre todos/as e da optimización do noso esforzo, por iso vos convidamos a asistir a unha breve xornada de formación para os ENDL que ten como obxectivo coñecer o funcionamento de d-Lingua e resolver todas as dúbidas que poidamos ter. 

Data e lugar: Venres 23 de novembro, entre as 17h e as 20h. Biblioteca do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi - Praza do Obradoiro - Santiago de Compostela). 

Programa: 
  • Presentación e visita guiada pola plataforma. 
  • Dereitos Creative Commons: descrición da filosofía e tipos de licenzas. 
  • Os recursos da normalización lingüística: presentación de tipoloxías principais. 
  • Os dereitos de autor: sesión práctica. Establecemento da propiedade intelectual e dos dereitos de autor adaptándose ás circunstancias do ensino. 
  • Presentación dun protocolo de cesión de dereitos apto para d-Lingua. 
Pregamos que nos confirmedes (nome e apelidos e centro educativo) a vosa asistencia xa que o aforo é limitado. Independentemente da asistencia á xornada de formación, d-Lingua abrirase a todos os Equipos e docentes interesados cando se poña en marcha. O futuro da lingua constrúese entre todos/as, apostemos activamente pola cooperación.

12/11/12

Taller de iniciación á curtametraxe

Organiza a EOI en colaboración co Concello da Coruña

Ábrese o prazo de inscrición o 13 de novembro ao 12 de decembro na Escola Oficial de Idiomas. Realizarase o curso nos meses de xaneiro e febreiro de 2013.

09/11/12

Galego-Portugués ou viceversa

Relatorio organizado polo ENDL en colaboración co departamento de portugués da EOI
xoves 15 de novembro ás 19 horas

06/11/12

O muíño da lingua

A facultade de Ciencias da Universidade da Coruña inaugura este novo espazo de promoción para o uso do galego

A Comisión de Normalización Lingüística da facultade de Ciencias estrena un novo espazo, situado no campus da Zapateira. Concebido como un novo servizo de intercambio entre toda a comunidade universitaria, o bautizado como Muíño da Lingua é unha peza que se integra no mobiliario urbano entre os centros de Arquitectura e Ciencias.
A obra é dun estudante da Escola Técnica Superior de Arquitectura Camilo Blanco Pampín, gañadora do premio Luisa Villalta de 2010. Con esta nova infraestrutura, o Servizo de Normalización Lingüística busca promover o uso do galego entre tódolos estudantes e profesores da entidade.
   “Do mesmo xeito que unha mensaxe nunha botella, toda a comunidade universitaria poderá deixar apuntes casuais, estados de ánimo, unha observación, un consello, un contacto, un debuxo, un CD, un libro… e sorprenderse co que atope no seu interior”. Con estas palabras explicaba o propio artista a concepción da súa obra, que despertou grande expectación no campus universitario durante a súa presentación.

03/11/12

prima de risco

Vídeo de promoción do concurso Tes cinco minutos, grávao e cóntanolo, que organiza a CNL da Facultade de Económicas e Empresariais da USC


31/10/12

IV Asemblea Xeral da Coordinadora Galega de ENDL

QUEN PODE PARTICIPAR?
Na Asemblea poderán participar todas aquelas persoas que estean adscritas á CGENDL a día 9 de novembro de 2012 como Coordinadores/as de ENDL, así como todos aqueles docentes que tamén estean adscritos a Coordinadora nesa data, con voz pero sen voto, a non ser que traian voto delegado dun coordinador/a de Equipo adscrito.

ORDE DO DÍA

IV ASEMBLEA DA COORDINADORA GALEGA DE ENDL
Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2012
Facemos futuro, producimos galego ORDE DO DÍA
  • 17.00. Apertura da asemblea.
  • 17.05. Aprobación do regulamento.
  • 17.10. Lectura e avaliación do Informe anual.
  • 18.00. Pausa-café.
  • 18.30. Presentación do Plan anual de traballo.
  • 19.25. Revisión de vacantes.
  • 19.30. Rogos e preguntas.
  • 20.00. Clausura da asemblea pola Coordinadora Xeral.
Regulamento da IV Asemblea da CGENDL

25/10/12

Bicentenario do cemiterio de San Amaro

@s alumn@s de 3º de ESO do IES Elviña realizarán unha serie de actividades conmemorativas

Estamos ás portas do mes do Samain, do Halloween, de tódolos Santos, de defuntos. Este ano, aproveitando o bicentenario da inauguración do cemiterio máis antigo da nosa cidade, varios departamentos didácticos teñen previsto realizar unha serie de actividades conmemorativas c@s alumn@s de 3º de ESO.


24/10/12

Curso de comunicación en blogs e redes sociais

Para a normalización lingüística

Celebración en Santiago os días 9, 10 e 16 de novembro. Inscrición ata o 27 de outubro.


 Curso de comunicación en blogs e redes sociais para a normalización lingüística. Bloguear, facebookear e twittear desde os departamentos de normalización? Si, claro! Inscrición ata o 27 de outubro:  http://ir.gl/93eabc — con Cgendl Coordinadora Galega Endl  e Política Lingüística.

22/10/12

III día da ciencia en galego

A tecnoloxía fala en galego (do 16 de outubro ao 5 de novembro)
Videoconferencia: Facendo partículas polo mundo

Con motivo da celebración do III Día da Ciencia en Galego a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non universitarios a participar nunha videoconferencia vía web o vindeiro martes 6 de novembro (de 12:30 a 13:30 horas), na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo.


15/10/12

O mercado

Quedades tod@s convidad@s a irdes para a cama a soñar cos cantares, a vida e sorrisos de
 María Fumaça. Boas noites, amig@s!

 

09/10/12

Zona Press: revista galega de baloncesto

Os afeccionados galegos ao baloncesto están de noraboa. O mes de outubro chega cunha innovadora publicación debaixo do brazo. Nace Zona Press, unha revista mensual de básquet, en galego e centrada nun deporte que, se xa tiña auxe en Galicia, conta agora con milleiros de seareiros por todo o país.



05/10/12

Espello deportivo

Nova campaña da Rede de Dinamización Lingüística dirixida ao fomento do galego no deporte   

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do secretario xeral de Política Lingüística e presidente da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, Valentín García, presentou esta mañá na Coruña a nova campaña de promoción do uso do galego no ámbito do deporte que se desenvolverá en escolas deportivas da RDL, co apoio económico da Deputación da Coruña.    

Ver información ampliada 

 

04/10/12

XIV certame musical "A mocidade coa lingua"

Comunicado dos organizadores (IES Sabón) sobre a celebración do XIV encontro


 O certame Musical “A mocidade coa nosa lingua” chega este curso á súa 14ª edición, tendo de novo como finalidade potenciar outros ámbitos de uso para a nosa lingua, axudando a normalizala entre o noso alumnado.

Cartaz do XII encontro organizado polo EDLG do IES Mosteirón

O IES de Sabón resultou gañador do 13º certame, polo que asume a súa organización. Non obstante, antes de reservar día, local e poñelo en funcionamento quixera facer unha serie de consideracións aos compañerios e compañeiras que outros anos vos encargastes desta actividade (e aqueles novos que o asumades este curso):
1ª: Non podemos obviar que a situación económica dos Equipos de Normalización non é a de anos anteriores. Debemos ser realistas e saber dende o principio cales son os centros que se comprometen a asumir os gastos. En anos anteriores os custos repartíronse entre os centros participantes (os fixos foron os premios = 650 euros; algunas veces houbo que facerse cargo doutros gastos: cartaces, gravación, técnico de son…). Imos calcular de entrada 700 euros (premios + cartaces, os mínimos). Habitualmente somos 5 ou 6 centros participantes, polo que os gastos de cada centro serían uns 140 ou 120. Cómpre ter en conta que os centros que veñan de fóra de Arteixo han de asumir os gastos de transporte.
Consideramos que cinco centros participantes sería o número mínimo para que se puidese celebrar o certame.
2ª: Dada a precariedade económica, propoñemos modificar o punto 8 das bases anteriores.
O PUNTO 8 dicía “Valorarase o feito de que as letras ou a música sexan orixinais”.
Dado o elevado importe que se ha de pagar polos dereitos das versións e das cancións que non son orixinais, propoñemos modificar este punto e solicitar que as letras e música sexan orixinais, baixo responsabilidade do centro participante. Outra posibilidade sería que o centro asumise o gasto destinado á SGAE.
Os puntos 5 e 6 deberán lerse tendo en conta este aspecto legal.
Achego as bases do XIII Certame para que se valoren por se estimades que deben sufrir outros cambios.
Agardo as vosas propostas.

Beatriz Real
Coordinadora do ENDL do IES de Sabón (Arteixo)
Outubro de 2012


Bases do XIII certame musical
A mocidade coa nosa lingua”.
1- Os centros comprométense a desenvolver esta
actividade en dúas fases:
- Fase interna de clasificación de cada un dos
centros participantes.
- Fase intercentros.

03/10/12

Club de lectura na EOI da Coruña

O Equipo de Normalización Lingüística da EOI da Coruña anímavos a participar no seu Clube de Lectura... en galego.

01/10/12

Os equipos de normalización piden aos partidos que "derroguen" a política lingüística de Feijóo tras o 21-O

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (Cgendl) vén de enviar aos partidos políticos que concorren ás vindeiras eleccións do 21 de outubro as súas propostas.



22/09/12

Xornadas de educación e linguas en Galicia

IV xornadas a lingua galega e o plurilingüismo

 A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago organizan as IV Xornadas "Educación e Linguas en Galicia. A lingua galega e o plurilingüismo". Desenvolveranse os días 19 e 20 de outubro de 2012 no Salón de Actos da Facultade de CC. da Educación (Campus Sur)



21/09/12

O conto triste da Spider

Relato de Valentina Formoso recollido na web de Prolingua baseado nun feito real ocorrido nunha escola galega en marzo de 2012.


20/09/12

Celso Emilio Ferreiro en abalar

Unidade didáctica para conmemorar un centenario
Esta unidade didáctica forma parte das actividades conmemorativas do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. Na súa parte lúdica, está integrada por tres tipoloxías de xogos: chuvias de palabras, dameiros e cuestionarios. Inclúe material de apoio.

19/09/12

Xoga e medra coa lingua

O Servizo de Normalización e Dinamización Lingüística de Narón presenta Xoga e medra coa lingua, unha nova sección lúdico-educativa da súa web Do berce á rúa. Medra coa lingua.


24/06/12

Letras galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

A Academia escolleu a unha persoalidade do mundo teatral

Roberto Vidal Bolaño, Santiago de Compostela (1950-2002), foi un autor, escenógrafo e actor de teatro galego, ao que se lle adicará o Día das Letras Galegas en 2013.

Traxectoria

 Iniciouse no mundo teatral da man do grupo Antroido, co cal o actor representou as súas primeiras obras. Con Antroido acudiu ás Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980), mostras nas que se dará a coñecer como dramaturgo e escenógrafo co pseudónimo de Julia Brens.
Vidal Bolaño foi un dos maiores artífices da profesionalización do teatro galego. Debido a ser despedido en 1977 do banco no que traballaba, este dramaturgo viuse na obriga de converter o Grupo Antroido na primeira compañía teatral galega. Tamén foi un dos primeiros directores que participaron do teatro institucional, levando ao taboado co Centro Dramático Galego en 1984 a obra da súa autoría Agasallo de sombras. No ano 2001, representou co Centro Dramático Galego a Rosalía que Ramón Otero Pedrayo escribira en 1958. As súas últimas actuacións foron co grupo Teatro do aquí, a súa compañía nos últimos anos.


A obra de Roberto Vidal Bolaño está marcada pola estética da derrota e a crítica da modeA obra de Roberto Vidal Bolaño está marcada pola estética da derrota e a crítica da modernidade. Talvez influído por Ramón Otero Pedrayo, defende unha certa recuperación do popular. Cultivou igualmente, como Otero, o teatro histórico, arredor da figura de Rosalía de Castro, obras que constitúen verdadeiros ensaios sobre a vida e obra da nosa poeta máis universal. Porén, unha das súas maiores influencias foi o teatro de Valle-Inclán, a quen menciona varias veces ao longo da súa obra. As súas obras recollen e mesturan as correntes estéticas do realismo, simbolismo, surrealismo e expresionismo. Nas súas pezas cóidase o diálogo co público. [editar] Representacións destacadasVidal Bolaño destacou como actor, director, escenógrafo e iluminador. Entre outras, podemos citar: Laudamuco, señor de Ningures (1976) Bailadela da morte ditosa (1980) A casa dos afogados (de Miguel Anxo Fernán-Vello) Rosalía (de Ramón Otero Pedrayo) (1985) Caprice des Dieux (1985) Anxeliños. Comedia satánica (1996) Mar revolto (2001) [editar] Obras escritas destacadasEntre as súas moitas obras, sobrancean: Laudamuco, señor de Ningures (1976, Pico Sacro). Bailadela da morte ditosa (1980, 1992, Sotelo Blanco). Agasallo de sombras (1992, El Correo Gallego). Cochos (1992, Sotelo Blanco). Días sen gloria (1992, Deputación da Coruña). Saxo tenor (1993, Xerais). As actas escuras (1994). Touporroutou da lúa e do sol (farsada choqueira para actores e bonecos, ou viceversa) (1996, AS-PG). Doentes (1998, Deputación da Coruña) (levada ao cinema en 2011 co título homónimo de Doentes). A ópera de a patacón: versión libre para charanga e comediantes pouco ou nada subsidiados (1998, Xerais). Rastros (1998, Positivas). O día que os chífanos deixaron de zoar. A burla do galo (2000, Xunta de Galicia). Mar revolto (2001, Xunta de Galicia). Animaliños (2003, Follas Novas). Integral (2003, Embora). [editar] EnsaioPerspectivas do teatro galego actual (2002). [editar] Premios e mencións honoríficasAbrente (1976), con Laudamuco señor de Ningures. Abrente (1978) Mención Especial (Memorias de mortos e ausentes). Abrente (1980), con Bailadela da Morte Ditosa O Facho (1977). Mención honorífica con Xaxara, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamón ou trocar en rato pequeno o meirande xigantón. O Facho (1979) Mención honorífica con Ruada das papas e do unto. Medalla de ouro (Premio cidade de Valladolid) (1983-1984) por unha adaptación teatral de textos de Xosé Luís Méndez Ferrín. Premio Rafael Dieste Premio Álvaro Cunqueiro Premio Xacobeo (1992) Premio Eixo Atlántico Premios Max de Teatro (2001) (mellor texto de teatro en lingua galega) Día das Letras Galegas 2013 rnidade. Talvez influído por Ramón Otero Pedrayo, defende unha certa recuperación do popular. Cultivou igualmente, como Otero, o teatro histórico, arredor da figura de Rosalía de Castro, obras que constitúen verdadeiros ensaios sobre a vida e obra da nosa poeta máis universal. Porén, unha das súas maiores influencias foi o teatro de Valle-Inclán, a quen menciona varias veces ao longo da súa obra.
As súas obras recollen e mesturan as correntes estéticas do realismo, simbolismo, surrealismo e expresionismo. Nas súas pezas cóidase o diálogo co público.

Representacións destacadas

Vidal Bolaño destacou como actor, director, escenógrafo e iluminador. Entre outras, podemos citar:
  • Laudamuco, señor de Ningures (1976)
  • Bailadela da morte ditosa (1980)
  • A casa dos afogados (de Miguel Anxo Fernán-Vello)
  • Rosalía (de Ramón Otero Pedrayo) (1985)
  • Caprice des Dieux (1985)
  • Anxeliños. Comedia satánica (1996)
  • Mar revolto (2001)

Obras escritas destacadas

Entre as súas moitas obras, sobrancean:
  • Laudamuco, señor de Ningures (1976, Pico Sacro).
  • Bailadela da morte ditosa (1980, 1992, Sotelo Blanco).
  • Agasallo de sombras (1992, El Correo Gallego).
  • Cochos (1992, Sotelo Blanco).
  • Días sen gloria (1992, Deputación da Coruña).
  • Saxo tenor (1993, Xerais).
  • As actas escuras (1994).
  • Touporroutou da lúa e do sol (farsada choqueira para actores e bonecos, ou viceversa) (1996, AS-PG).
  • Doentes (1998, Deputación da Coruña) (levada ao cinema en 2011 co título homónimo de Doentes).
  • A ópera de a patacón: versión libre para charanga e comediantes pouco ou nada subsidiados (1998, Xerais).
  • Rastros (1998, Positivas).
  • O día que os chífanos deixaron de zoar.
  • A burla do galo (2000, Xunta de Galicia).
  • Mar revolto (2001, Xunta de Galicia).
  • Animaliños (2003, Follas Novas).
  • Integral (2003, Embora).

Ensaio

  • Perspectivas do teatro galego actual (2002).
Ao longo da súa carreira tivo numerosos premios e mencións entre os que destacan o Rafael Dieste e Max de teatro.

 

18/06/12

Xornada de avaliación dos CELGA

O 28 de xuño en Santiago

A CTNL organiza unha Xornada de análise e avaliación dos Celga, co obxectivo de analizar o sistema de formación e de acreditación e de facer unha proposta de mellora. Terá lugar o 28 de xuño na Facultade de Comunicación de Santiago de Compostela e o prazo de inscrición está aberto.

 
  Obxectivos xerais
-Analizar e avaliar o sistema de acreditación do coñecemento de galego.
-Analizar e avaliar o sistema de formación en lingua para persoas adultas.
-Facer unha proposta de mellora tanto do sistema de acreditación como do sistema de formación en lingua galega.

Contidos que se tratarán
-Análise e avaliación xeral da implantación dos Celga dentro do proceso de normalización lingüística: a capacitación real da cidadanía e do persoal da administración e os requisitos en procesos selectivos, listaxes de contratación, etc.
-Análise e avaliación do sistema de acreditación dos Celga: as validacións e o modelo de acreditación.
-Análise e avaliación dos cursos de formación preparatorios: organización e xestión, metodoloxías e contidos, profesorado, selección de persoal e condicións laborais, etc.
-Proposta xeral de mellora do sistema.

Persoas destinatarias
-Profesorado colaborador de cursos Celga.
-Avaliadores/as das probas Celga.
-Técnicos/as de normalización lingüística.
-Responsábeis de entidades relacionadas coa lingua.
-Persoas interesadas en xeral.

Lugar
-Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela [Localización]

Dinámica da xornada
-A idea é que esta xornada sirva para analizar e avaliar tanto o sistema de acreditación do coñecemento do galego e a súa implantación, como o sistema de formación en lingua para persoas adultas e, a partir de aí, facer unha proposta de mellora. Para iso, na xornada haberá diversos relatorios e mesas de traballo sobre aspectos concretos do sistema e espazos para o debate. Partirase dun documento base de análise e proposta que será discutido, completado, etc. Este borrador-proposta de documento seralles remitido ás persoas anotadas uns días antes da xornada.

Inscrición
-A inscrición é de balde, e debe facerse a través do formulario que está ao final desta información.
-O número de prazas está limitado a 200, que se adxudicarán por orde de inscrición, dándolles preferencia, en todo caso, ás/aos socias/os da CTNL.
-O prazo de inscrición remata o 23 de xuño, e a listaxe de persoas admitidas publicarase no web da CTNL o día 25 de xuño.
 

16/06/12

A Praza de María Pita celebra o 50 aniversario das Letras Galegas

O acto 'Cincuenta Voces', que se celebrará na coruñesa praza de María Pita o sábado 16 de xuño ás 18 horas, conmemora as 50 figuras homenaxeadas na historia do Día das Letras Galegas.

A Banda Municipal da Coruña dará comezo ao acto interpretando tres pezas de distinto xénero: Unha noite na eira do trigo, Negra Sombra e Brincadeira. Deseguido, o secretario da Real Academia Galega, Xosé Luís Axeitos, presentará o programa desta celebración e, ao seu remate, o alcalde do Concello da Coruña, Carlos Negreira Souto, saudará ás autoridades e ao público presente, dándolles a benvida.
Tras a apertura, a palabra das cincuenta figuras homenaxeadas na historia do Día das Letras Galegas poderá escoitarse na voz dos alcaldes ou representantes dos concellos que as acolleron. Ao tempo que as palabras de Rosalía de Castro, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Manuel Murguía, María Mariño ou Valentín Paz Andrade resoan na praza de María Pita, mocidade chegada de distintos lugares da xeografía galega homenaxearán os nosos escritores nun acto ritual. Desde Padrón chegarán pétalos de flores apañados na horta de Rosalía de Castro; de Pontecese recibirase arume arpado recollido a carón da casa de Eduardo Pondal; de Celanova achegarase terra da horta de Curros Enríquez; de Cambados traerán area recollida xunto á casa de Ramón Cabanillas; de Rianxo virán con auga do mar de Castelao, Dieste e Manuel Antonio; de Mondoñedo achegarán auga da Fonte Vella de Álvaro Cunqueiro e, por último, desde Courel recibiranse herbas apañadas onda a casa de Uxío.
A continuación, escoitaremos A lenda de Montelongo e, ao remate da peza, intervirá o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín.
Pechará o acto o Presidente da Xunta.

15/06/12

Maratón de lectura na librería Nova Colón

36 horas lendo para reivindicar o libro de papel, @s libreir@s e as librerías 
Lectura no escaparate


03/06/12

Fálalle galego

En infantil escolle o galego


 Promoción da lingua (1985). Que tempos no que 
a Xunta  facía promoción  do uso do noso idioma

28/05/12

Presentación de Édelingua, produtora de audiovisuais do IES Mosteirón

O venres, día 8 de xuño, ás 20:00 horas, na casa da cultura Pintor Lloréns de Sada, presentaran oficialmente Édelingua, a produtora de audiovisuais do IES O Mosteirón que xurdiu ao abeiro do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e que a día de hoxe leva xa producidas unha ducia de curtametraxes e documentais.
 
    Aproveitan este acto para facer entrega do premio Édelingua 2012, instituído polo EDLG para recoñecer o labor do alumno ou alumna do centro que máis se teña significado na defensa e difusión da lingua galega.
   Farán un breve percorrido polas curtametraxes máis representativas de Édelingua e estrearemos a curtametraxe de ficción O drama do cabalo de xadrez, protagonizado polos alumnos e alumnas de 4º de PDC, e o documental A Filla da Ría de Prata
    Contarán coa presenza das principais autoridades e dos representantes das asociacións e institucións culturais máis representativas de Sada.
    É unha boa ocasión para deixarse caer pola vila de Sada. 
 

22/05/12

Premio Leixaprén para Imaxín Software

Premio promovido e outorgado pola CGENDL


Unha vez rematado o proceso de votación dos ENDL para o Premio Leixaprén o resultado final foi o seguinte:
Imaxin Software: 199 votos. 
R telecomunicacións: 197 votos. 
Alimentos Amorodo: 186 votos. 
Martín Códax: 182 votos. 
Seguridade A-1: 136 votos. 




Como se pode ver, os resultados foron moi parellos e finalmente foi Imaxín Software a galardoada nesta primeira edición do premio que asume a CGENDL logo de que fose creado e mantido dende 1999 pola Asociación Coordinadora Leixaprén de ENL. 




Imaxín Software ( http://imaxin.com/ ) é unha empresa dedicada ao desenvolvemento de programas informáticos e radicada en Santiago de Compostela que emprega o galego en todos os ámbitos de xestión da empresa. Así mesmo, desenvolveu solucións tecnolóxicas para a introducción do noso idioma no mundo empresarial e elaborou ferramentas lingüísticas como Opentrad e Golfiño, así como diversos servizos educativos e pedagóxicos relacionados co ecoloxismo e o fomento dos valores cidadáns a través de xogos multimedia en galego. 
A CGENDL quere convidarvos a todos e a todas a participar no acto de entrega, que terá lugar este sábado 26 de maio a partir das 14:30 durante o xantar que se se celebrará no Hotel Virxe da Cerca de Santiago de Compostela . Animámosvos a asistir a este acto que ademais servirá para ir poñéndolle o ramo a este curso 2011-2012 no que, a pesar das dificultades que sufrimos os Equipos demostramosr unha vez máis o compromiso asumido coa lingua e a formación do noso alumnado. Para confirmar asistencia ao xantar (25€) , tan só cómpre enviar nome e apelidos e centro de ensino a correo@coordinadoraendl.org . A CGENDL mándanos saúdos.

15/05/12

Traballarmos en dinamización lingüística. Unha guía para mellorar o traballo de dinamización da lingua galega

A CTNL publica, dentro da colección Documentos CTNL, Traballarmos en dinamización lingüística. Unha introdución, da autoría de Isabel Vaquero, unha guía que contextualiza a dinamización dentro da planificación lingüística, que analiza actuacións dinamizadoras e que ofrece unha metodoloxía de traballo.