06/12/13

Galego-portugués ou viceversa

Actividade do departamento de portugués da EOI da Coruña

Relatorio o 11 de decembro ás 12 horas no Salón de Actos da EOI da Coruña (rúa Pepín Rivero 1)


05/12/13

Ollos de aula nº 11

Revista para as familias do alumnado. Mes de decembro

Presentámosvos un novo número (o nº 11,  decembro de 2013) de "Ollos de aula", a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado. Nesta entrega, Valentina Formoso responde á pregunta "Que vai supoñer a LOMCE para o ensino do galego?", analízase a nova lei de educación dende os presupostos dos seus defensores e detractores, achegámonos ao Departamento de Orientación da man de Lines Salgado e non faltan os anuncios móbiles e as habituais propostas de ocio de Gracia Santórum. E, ademais, reflexionamos: "Quen lle fala hoxe galego a Shin Chan?".


http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html
 

12/11/13

Verbas

Curta creada e dirixida por Andrea Maseda Prado

Vídeo sociolóxico enmarcado no tema Lingua Galega e Sociedade. Esta curta pretende alentar á dignificación, á defensa e á divulgación da nosa lingua.

09/11/13

Contos de defuntos no IES Elviña

Brais das Hortas e os seus Contos de defuntos (actuación o 5 de novembro)

Actividade promovida polo Club de Lectura Elvilendo


08/11/13

Concurso de monólogos cómicos en galego

Unha forma diferente de xogar coas palabras
 Organizado pola Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude do Concello da Coruña

Data:
18/12/2013
Data de inscrición:
Dende o 21/10/2013 ata o 05/12/2013
Organizada por:
Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude - Concello da Coruña
 
 
Requisitos:
  • Poderá participar no concurso o alumnado dos IES e dos CIFP públicos, así como dos centros concertados e privados do concello da Coruña. 
  • Cada centro docente poderá presentar alumnos participantes de maneira individual ou en grupos, ata un máximo de dous participantes individuais e dos grupos por categoría.
  • Cada alumno/a que se presente individualmente representará un monólogo.
  • Cada grupo que se presente estará integrado por un máximo de tres alumnos. Cada grupo representará un só monólogo.
  • O monólogo terá unha duración máxima de cinco minutos, representarase exclusivamente en lingua galega e deberá tratar o tema determinado para cada categoría.
  • Os monólogos deberán ser “falados”, non lidos. O feito de ler parte ou a totalidade do monólogo será causa de descualificación inmediata.
  • Estableceranse tres categorías:
    Categoría A. Alumnado do 1º ciclo da ESO
    Categoría B. Alumnado do 2º ciclo da ESO
    Categoría C. Alumnado de bacharelato e ciclos formativos de grao medio.
  • Os monólogos deberán versar sobre os seguintes temas:
    Categoría A, de 1º ciclo da ESO: Xa estou no instituto…
    Categoría B, de 2º ciclo da ESO: Os avós xa teñen móbil
    Categoría C, de bacharelato e ciclos formativos: Os profesores, esos estraños seres…
Enlace:
Concurso de monólogos cómicos
Dotación:
  • En cada categoría haberá un primeiro e un segundo premio. Os gañadores recibirán unha tablet e un diploma acreditativo de acadar o primeiro premio e os segundos clasificados recibirán unha tablet e un diploma acreditativo.
Engadir ó meu móbil
Logo de Coruña Educa
A Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude, dentro do Programa Educativo Municipal Coruña Educa do curso 2013/2014, convoca este concurso para o alumnado de Secundaria.
Información:
Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude - Concello da Coruña
Avda. de la Marina, 18 - 2º
Coordinador: Alfonso Queijo Rodríguez
Teléfono: 981 184 200  ext. 12114
educacion@coruna.es
http://www.edu.coruna.es

01/11/13

Mes da ciencia en galego

O luns 4 de novembro dá comezo a celebración

Este ano o Día da Ciencia en Galego, estará dedicado ao arquitecto Richard Buckminster, á enfermeira Florence Nightingale e a Isaac Díaz Pardo. Será o comezo dunha serie de actividades en toda Galicia.



31/10/13

Cinemacurtas

Nos cines Filmax tódolos meses de novembro



Crecemos facendo curtametraxes e sempre defendemos a curta coma formato propio. Hai historias que emocionan en 5 minutos que nunca conseguirán transmitir o mesmo en 90.
Máis alá dos tradicionais festivais, as curtas non teñen unha saída para o gran público coa calidade que merecen, tanto en imaxe coma en son e é imposible ver curtas nunha sala de cinema na actualidade.
Por iso desde PIXEL FILMS e FILMAX GALICIA quixemos dignificar as curtas e ofrecer o mellor lugar e calidade de proxección para darlle ás curtas a importancia que merecen: unha sala de cinema dixital en alta definición nos CINES FILMAX 3D A CORUÑA de LOS CANTONES VILLAGE.
Esta iniciativa pretende levar as curtas, pequenas ou grandes, ao mellor escenario posible e así dar a oportunidade ao gran público de gozar de pequenas, pero grandes obras de arte.
Non deixedes pasar esta oportunidade,

TODOS OS XOVES DE NOVEMBRO ÁS 21h. CURTAMETRAXES NOS CINES FILMAX.




30/10/13

Miguelanxo Prado premio de banda deseñada

O debuxante, primeiro galego en conseguir o galardón, foi distinguido pola súa obra Ardalén

O coruñés Miguelanxo Prado foi galardoado co Premio Nacional de Cómic que concede o Ministerio de Cultura. O premio, dotado con 20.000 euros, recoñece o labor do historietista e debuxante coruñés -o primeiro galego en recibir esta distinción- ao longo das 256 páxinas de Ardalén ( Norma), unha obra que tamén se fixo co premio a Mellor Obra de autor español no pasado Salón do Cómic de Barcelona.


Miguelanxo Prado é un dos autores máis recoñecidos no mundo do cómic. Autor de obras como Trazo de Xiz (Norma) e a serie de historietas Quotidianía Delirante (Norma) (tamén galardoada como Mellor obra nacional no Salón do Cómic de Barcelona), o coruñés arrincou a súa andaina artística na década dos 80, colaborando en cabeceiras como Zona 84, Comix Internacional, 1984, Cairo, Cimoc ou El Jueves.
Tamén realizo cómics baseados en guións alleos como Pedro e o lobo, ou a serie O manancial danoite . Traballou para a Televisión de Galicia creando o personaxe Xabarín e todos os da serie Vos vixilantes do Camiño. En 1998 deseñou os personaxes da serie de animación Men in Black para Dreamworks. No 2003 viu a luz a súa colaboración co coñecido guionista de Sandman , Neil Gaiman, no libro colectivo Noites eternas.
No 2007, Miguelanxo embarcouse nun ambicioso proxecto que culminou cun rotundo éxito: De Profundis (2007), unha película de animación que é mesmo dirixiu, escribiu e debuxou. Ademais, é director do Viñetas desde o Atlántico, o Salón do Cómic que se celebra todos os veráns na cidade da Coruña. O 28 de novembro do 2009, o debuxante ingresou na Real Academia Galega de Belas Artes.


29/10/13

Día da ciencia en galego: actividades da CGENDL

Videoconferencias de Jorge Mira e Marilar Aleixandre

Con motivo da celebración do IV Día da Ciencia en Galego o vindeiro martes 12 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non universitarios a participar en dúas videoconferencias vía web, na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo.



 

27/10/13

25 aniversario da Orquestra Panorama

Celebración na Coruña o 31 de outubro
Máis de 5000 asistentes estiveron  na gala organizada pola Orquestra Panorama no Coliseum da Coruña a noite do 31 de outubro. 
Na produción do espectáculo participaron 100 persoas, entre artistas, técnicos e responsables.
Visitaron cada esquina da xeografía galega, desde cidades ata ás máis recónditas parroquias e aldeas, pero sempre arrastrando unha marea de seguidores tras eles. A Orquestra Panorama celebrou o vintecinco aniversario cunha gran gala que teñiu de verbena a noite coruñesa  prolongándose durante máis de tres horas. Xunto á formación estivo unha decena de artistas de renome como Mónica Naranjo, Edurne, David Bustamante, Herdeiros da Crus e Efecto Pasillo.
Para a montaxe do aniversario da Panorama, desplegáronse no Coliseum sete trailers, fronte aos seis que empregou un artista como Lenny Kravitz.  A montaxe "superou a de producións internacionais" celebrada outras veces neste recinto de espectáculos .

 

22/10/13

Gústache ler en galego?

Participa no club de lectura da Escola Oficial de Idiomas da Coruña



3º Obradoiro iniciación á curtametraxe en galego

Organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Escola Oficial de Idiomas da Coruña

Relator: Omar Rabuñal Varela (director, guionista e actor)
Lugar: Escola Oficial de Idiomas da Coruña
Duración: 15 horas (novembro – decembro 2013)
Dirixido a: Estudantes da EOI da Coruña, ESO , bacharelato e FP dos centros públicos e concertados da cidade da Coruña.
Número máximo de participantes: 20 (por rigorosa orde de inscrición).
Haberá lista de agarda.
Prazo de inscrición: do 18 de outubro ao 8 de novembro 2013
Certificarase a asistencia e aproveitamento do curso aos estudantes que completen o 80% e participen na práctica da rodaxe dunha curtametraxe en galego como proxecto final do obradoiro.
                                                               


 Sala 20 da EOI
Calendario
Día                                            Hora
Martes 12 de novembro        20.00-21.30
Xoves 14 de novembro         20.00-21.30
Martes 19 de novembro        20.00-21.30
Xoves 21 de novembro         20.00-21.30
Martes 26 de novembro        20.00-21.30
Xoves 28 de novembro         20.00-21.30
Martes 3 de decembro          20.00-21.30
Martes 10 de decembro        20.00-21.30
Xoves 12 de novembro         20.00-21.30
Martes 17 de decembro        20.00-21.30

VI día da ciencia en galego

Arte e ciencia. Concursos


A Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA), a Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) e mais a Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA) convidan á comunidade educativa a festexar o vindeiro 4 de novembro o IV Día da Ciencia en Galego, para reivindicar o dereito a gozar da ciencia e da arte no noso idioma. Nesta edición os homenaxeados son o arquitecto Richard Buckminster, a científica Florence Nightingale e o intelectual e artista galego Isaac Díaz Pardo.


17/10/13

San Luis: estamos de volta

O fundador da cadea San Luis reabre tendas pechadas pola multinacional que lla comprou e crea un modelo “100% galego” convencido de que funciona

Estamos de volta. San Luís. O anuncio ocupa todo o escaparate nun local do centro comercial das Roseiras na Coruña. Volve, case 40 anos trala súa creación, a cadea galega de tendas de electrodomésticos. E volve da man do seu fundador. Algo nada frecuente e menos tras ser engullida por unha multinacional francesa que tras sete anos, desistiu, liquidou e marchouse. 

Pero "equivoqueime”, engade. A multinacional “non aguantou o tirón”. E López, con ánimo de recuperar “o capital humano” ao que a francesa non soubo sacar partido, embarcouse de novo, con outros dous socios, na aventura de reabrir en setembro ata dez tendas dunha marca comercial que, sorprendentemente, segue sendo unha referencia líder para os consumidores galegos. Unha enquisa recente corrobora que San Luís é a terceira preferida para comprar electrodomésticos ou eléctronica, catro puntos por encima do seu ata agora dona gala. “É incrible para unha marca que leva sete anos desaparecida”, subliña o empresario coruñés.

E outro empeño do empresario: San Luís volverá ser 100% galega. Xa fora pioneira en utilizar o galego en toda a súa publicidade cando aínda non existía nin TVG, nin a autonomía. “E sen recibir un céntimo de subvención”, unha cultura na que o fundador da cadea nunca creu, nin practicou, insiste. Para poñer á última as tendas da cadea, que recorrerá á web e as redes sociais para “unha constante comunicación co cliente”, os seus donos acudiron á Universidade da Coruña, algo que moi poucos empresarios utilizan, lamenta López, para dotarse dun potente sistema informático.

30/09/13

Xornadas Educación e Linguas: 30 anos da Lei de normalización lingüística

25 e 26 de outubro na Facultade de CC. da Educación de Santiago
 
A Universidade de Santiago de Compostela organiza as V Xornadas Educación e Linguas. 30 anos da Lei de normalización lingüística de Galicia. Desenvolveranse os días 25 e 26 de outubro de 2013 na Facultade de CC. da Educación, co obxectivo principal de analizar a implementación da Lei de normalización lingüistica.


08/07/13

Tradución ao galego do libro de Heinrich Mann "O profesor Unrat"

A Fundación Vicente Risco está a traducir a galego a novela de Heinrich Mann O profesor Unrat, tradución a cargo de Paz Huete Iglesias. Novela inspiradora do marabilloso filme O anxo azul, que tanto impresionou a Vicente Risco quen viu o filme ao pouco da súa estrea cando a súa estadía en Alemaña en 1939.
 Se estás interesado en adquirir esta novela,  podes reservar agora o teu exemplar a 10,00 euros, cun importante desconto respecto do PVP.
Coa túa achega contribúes no labor normalizador da nosa lingua e colaboras coas actividades da Fundación Vicente Risco, polo que te podes acoller aos beneficios da LEI 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ó mecenado. («BOE» 307, do 24-12-2002).
Se queres apoiar esta iniciativa contacta con secretaria@fundacionvicenterisco.com

22/06/13

Xosé María Díaz Castro protagonista das Letras 2014

A proposta da RAG

Xosé María Díaz Castro (1914-1990) é autor de Nimbos (1961) considerada un dos cumes da poesía galega moderna, e que contén o célebre poema "Penélope" xustamente célebre pola súa beleza e fonda reflexión sobre Galicia e o seu fado histórico.

Membro, xunto con Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Álvaro Cunqueiro e Iglesia Alvariño entre outros, da chamada "escola mindoniense", Díaz Castro mantivo ao longo de toda a súa vida, e malia súa condición de funcionario residente en Madrid, un fondo compromiso coa cultura galega do seu tempo.


21/06/13

Porque vén o verán

Un cantaroke de Paco Nogueiras Nodar

Démos a benvida ao verán. Rematamos o curso. Curtas despedidas e optimismo. Gañas de pisar festas e viaxar. Todos aqueles que queiran bailar e cantar a nosa proposta de "Canción de Verán" que berren ben alto, a ver se chamamos polo bo tempo.
Moitas grazas por un curso inesquecible e agardamos que tod@s pasedes un fermoso e proveitoso verán.

20/06/13

VI xornadas de materiais didácticos

Recursos e materiais didácticos para o ensino en galego

Organiza Nova Escola Galega en Santiago os días 29 e 30 novembro de 2013.  
Pódese participar como asistentes e tamén presentando materiais. Información na páxina da NEG.




19/06/13

Viaxe de ida e volta

Actividade levada a cabo polos equipos de dinamización da Lingua Galega dos IES Pintor Colmeiro de Silleda e o IES Chano Piñeiro de Forcarei. Nela, o alumnado dámbolos dous centros, a modo de "amigo invisible virtual", recoméndanse mutuamente lecturas en galego. Un viaxe de ida e volta a través dos libros.


31/05/13

Curso de verán sobre toponimia: interpretación e actuación

O Instituto da Lingua Galega (ILG) organiza o Curso de verán Toponimia: interpretación e actuación, que terá lugar do 16 ao 19 de xullo en Santiago de Compostela  
Os obxectivos deste curso son dar a coñecer a historia da conformación toponímica do territorio, dar a coñecer as implicacións da toponimia con outras disciplinas e incentivar a realización de actividades de recollida toponímica. MATRÍCULA -Prazo: Ata o 5 de xullo de 2013 -Taxa de inscrición xeral: 120 euros -Tarifa reducida (estudantes universitarios, de formación profesional ou de bacharelato, traballadores da USC, desempregados e pensionistas): 70 euros -Seguro (obrigatorio para aquelas persoas que non pertenzan á USC): 15 euros Máis información para a matrícula: http://www.usc.es/cultura/uveran13cursos.htm DATAS 16,17,18 e 19 de xullo LUGAR Facultades de Filosofía e Filoloxía da USC 

Día da ciencia na rúa

Parque de Santa Margarida 4 de maio

Actividades realizadas polo IES Elviña


29/05/13

Revista galega de educación

Presentación do nº 55 A organización nos centros escolares

O acto, que terá lugar na Aula 1.1 do Centro de Formación e Recursos da Coruña, ás 18:15 horas do xoves 30 de maio, desenvolverase de acordo ao seguinte guión:

1. A Revista Galega de Educación: publicación que dinamiza o debate educativo en Galicia.
2. O último número: A organización dos centros escolares.
3. Mesa redonda e posterior debate sobre a xestión do centros e a LOMCE, tratando temas tales como:
a. Poden liderar as direccións coa nova elección dos mesmos?
b. A reforma educativa poder reformar a educación?
c. Son os proxectos dos centros o seu sinal de identidade?
d. Debe adaptarse o alumnado á organización, ou debe ser esta a que se adapte para que se poida desenvolver o alumnado?
e. Medirán as reválidas a calidade dos centros?

Para esta mesa redonda contamos coa colaboración de:
  •  Un/unha Inspector/a de Educación
  • Ana Romero Masiá. Directora do IES Monte das Moas
  •  Helena Gómez Vecino. Presidenta da CONFAPA de Galicia
  •  Xosé Ramos Rodríguez. Revista Galega Educación
  •  Moderador: Celestino Pérez Recarey

24/05/13

Cousas nosas gaña o maratón do XXIV mostra de teatro escolar

1º premio ao IES Elviña no Maratón de Teatro

O alumnado que participa no grupo de teatro do IES Elviña coa obra Cousas nosas recibiu o 1º premio no maratón  celebrado no Teatro Rosalía de Castro o 23 de maio dentro da XXIV Mostra de Teatro Escolar organizada polo Concello da Coruña
Parabéns a todo o grupo!




20/05/13

A memoria musical do barrio máis 'denso'

A Agra do Orzán convértese na primeira contorna barriografiada da historia

"A cidade é un libro que se le camiñando", dicía Agustín Fernández Paz. Pero tamén é un territorio que se entende escoitando os seus sons, a súa música e recompilando súa historia cantareira. Iso é parte do que pretende o proxecto Música en branco: memoria da Agra do Orzán, presentado este luns na Coruña, unha intervención urbana que investiga, documenta, difunde e pon en valor a memoria musical e sonora deste popular (e populoso) barrio. Unha iniciativa que "explora o patrimonio inmaterial e subliña o valor comunicativo da música e a súa capacidade para xerar un tecido común".



15/05/13

Agasallo de luz

Concurso das Letras Galegas organizado pola Fundación Barrie

Co gallo do Día das letras Galegas 2013, dende o servizo de Biblioteca da Fundación Barrié e a través da canle educativa educaBarrié convocamos o concurso "Agasallo de luz" un homenaxe á obra de Vidal Bolaño que integra a celebración do 150 aniversario da publicación de "Cantares Gallegos" .
A proposta didáctica desta edición consiste na realización  da webquest "Agasallo de Luz", cuia tarefa principal consite na elaboración dun texto teatral que teña como motivo principal o significativo Banquete de Conxo celebrado o 2 de marzo de 1856. O texto deberá  representarse polo propio alumnado e gravado en vídeo.



08/05/13

29/04/13

Roberto Vidal Bolaño

Propostas de actividades na páxina da CGENDL

 Entra na páxina da coordinadora


Algunhas das propostas: 

Telexornal Vidal Bolaño
Informativo realizado nos estudos do CPI Os Dices (Rois) que repasa a traxectoria do autor.
Realización: Luís Aldegunde - CPI Os Dices (Rois)

 


25/04/13

Os territorios da invisibilidade

 VI encontros cidade da Coruña

Co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a colaboración da Real Academia Galega 


23/04/13

Presentación do libro: "Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez"

Carlos Callón presentará o seu libro na Livraría Suévia (rúa Vila de Negreira, 32) o día 24 abril as 20 horas.

Participarán, ademais do propio autor, Ermitas Valencia (socia da Mesa e propietaria da libraría), Xosé Ramón Freixeiro Mato (profesor de Lingua e Literatura Galegas na Universidade da Coruña e autor, entre outros, dunha completa e innovadora Gramática da Lingua) e Manuel Bragado (director de Xerais).




17/04/13

Monoulious DOP: "Cansión jallejoamericana"

O tema que gañou o Cantalingua 2013

Monoulious, Balbina e Lydia Botana animarán as festas do Correlingua 2013

O fallo do xuri do Cantalingua 2013 composto por grupos de alumnado pertencentes aos seguintes centros de ensino: IES María Sarmiento de Viveiro, IES de Arzúa, e CPI Vicente Otero de Carral foi o seguinte:
1º- Monoulious co tema Cansión Jallejo-Americana
2º- Balbina co tema Cantar Cantei
Lydia Botana co tema Quen nos queima
  


07/04/13

A pedagoxía intuitiva

Exposición de láminas educativas

Organizada polo Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) esta exposición itinerante permanecerá aberta na Coruña na Casa-Museo Casares Quiroga do 3 ao 21 de abril.





06/04/13

CinEOI Coruña Curtas 2013

Do 8 ao 9 de abril

Mostra de Curtas organizada pola Escola Oficial de Idiomas.
Luís Iglesia, o Carmelo de 'Matalobos', será o presidente de honra da gala de premios que se celebrará o 9 de abril na Escola Oficial de Idiomas da Coruña.
Xa está aberto o prazo para participar no III Festival CinEOI Coruña Curtas 2013, un concurso de curtametraxes concibido para promover a creatividade audiovisual en galego. Este concurso está organizado polos equipos de Dinamización Lingüística (EDLG) das Escolas Oficiais de Idiomas (EOI) da Coruña e Santiago de Compostela e o Conservatorio Profesional da Coruña, amais de contar coa colaboración da Concellaría de educación do Concello da Coruña.
A terceira edición deste certame celebrará a súa tradicional gala de premios o 9 de abril no Salón de Actos da Escola Oficial de Idiomas da Coruña e contará coa presencia do actor Luís Iglesia. O intérprete, que dá vida ao personaxe de Carmelo na serie ‘Matalobos', será o presidente de honra do evento, un cargo que foi desempeñado por Luís Tosar na anterior edición do Festival no 2012.
A data límite para a recepción dos traballos foi o 30 de marzo. O tema dos mesmos é libre, cunha duración máxima de 10 minutos e rodados en galego. Poden participar todos os estudantes dos centros colaboradores e mais o alumnado dos centros de secundaria e do terceiro ciclo de primaria do Concello da Coruña. As obras gañadoras serán seleccionadas por un xurado integrado por profesionais de recoñecido prestixio no audiovisual galego e recibirán premios en metálico e un exemplar do Dicionario do cine en Galicia doado de Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). Ademais, as curtas galardoadas proxectaranse na sede do CGAI no mes de maio no marco do ciclo Off Galicia.
As bases completas do concurso e a información toda pódese consultar no apartado de actividades do ENDL na web www.eoicoruna.org. Podemos ver nesta mensaxe a curta promocional gravada polo equipo ENDL da Coruña para animar á participación, www.eoicoruna.org, ou no Facebook (Endl AA Coruña) ou a través de Youtube :


01/04/13

Vocabulario esencial de computadores


Traballo realizado polo Servizo de Normalización e Dinamización Lingüística da Universidade de Santiago.
Vocabulario galego-castellano-inglés.