31/10/13

Cinemacurtas

Nos cines Filmax tódolos meses de novembro



Crecemos facendo curtametraxes e sempre defendemos a curta coma formato propio. Hai historias que emocionan en 5 minutos que nunca conseguirán transmitir o mesmo en 90.
Máis alá dos tradicionais festivais, as curtas non teñen unha saída para o gran público coa calidade que merecen, tanto en imaxe coma en son e é imposible ver curtas nunha sala de cinema na actualidade.
Por iso desde PIXEL FILMS e FILMAX GALICIA quixemos dignificar as curtas e ofrecer o mellor lugar e calidade de proxección para darlle ás curtas a importancia que merecen: unha sala de cinema dixital en alta definición nos CINES FILMAX 3D A CORUÑA de LOS CANTONES VILLAGE.
Esta iniciativa pretende levar as curtas, pequenas ou grandes, ao mellor escenario posible e así dar a oportunidade ao gran público de gozar de pequenas, pero grandes obras de arte.
Non deixedes pasar esta oportunidade,

TODOS OS XOVES DE NOVEMBRO ÁS 21h. CURTAMETRAXES NOS CINES FILMAX.




30/10/13

Miguelanxo Prado premio de banda deseñada

O debuxante, primeiro galego en conseguir o galardón, foi distinguido pola súa obra Ardalén

O coruñés Miguelanxo Prado foi galardoado co Premio Nacional de Cómic que concede o Ministerio de Cultura. O premio, dotado con 20.000 euros, recoñece o labor do historietista e debuxante coruñés -o primeiro galego en recibir esta distinción- ao longo das 256 páxinas de Ardalén ( Norma), unha obra que tamén se fixo co premio a Mellor Obra de autor español no pasado Salón do Cómic de Barcelona.


Miguelanxo Prado é un dos autores máis recoñecidos no mundo do cómic. Autor de obras como Trazo de Xiz (Norma) e a serie de historietas Quotidianía Delirante (Norma) (tamén galardoada como Mellor obra nacional no Salón do Cómic de Barcelona), o coruñés arrincou a súa andaina artística na década dos 80, colaborando en cabeceiras como Zona 84, Comix Internacional, 1984, Cairo, Cimoc ou El Jueves.
Tamén realizo cómics baseados en guións alleos como Pedro e o lobo, ou a serie O manancial danoite . Traballou para a Televisión de Galicia creando o personaxe Xabarín e todos os da serie Vos vixilantes do Camiño. En 1998 deseñou os personaxes da serie de animación Men in Black para Dreamworks. No 2003 viu a luz a súa colaboración co coñecido guionista de Sandman , Neil Gaiman, no libro colectivo Noites eternas.
No 2007, Miguelanxo embarcouse nun ambicioso proxecto que culminou cun rotundo éxito: De Profundis (2007), unha película de animación que é mesmo dirixiu, escribiu e debuxou. Ademais, é director do Viñetas desde o Atlántico, o Salón do Cómic que se celebra todos os veráns na cidade da Coruña. O 28 de novembro do 2009, o debuxante ingresou na Real Academia Galega de Belas Artes.


29/10/13

Día da ciencia en galego: actividades da CGENDL

Videoconferencias de Jorge Mira e Marilar Aleixandre

Con motivo da celebración do IV Día da Ciencia en Galego o vindeiro martes 12 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non universitarios a participar en dúas videoconferencias vía web, na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo.



 

27/10/13

25 aniversario da Orquestra Panorama

Celebración na Coruña o 31 de outubro
Máis de 5000 asistentes estiveron  na gala organizada pola Orquestra Panorama no Coliseum da Coruña a noite do 31 de outubro. 
Na produción do espectáculo participaron 100 persoas, entre artistas, técnicos e responsables.
Visitaron cada esquina da xeografía galega, desde cidades ata ás máis recónditas parroquias e aldeas, pero sempre arrastrando unha marea de seguidores tras eles. A Orquestra Panorama celebrou o vintecinco aniversario cunha gran gala que teñiu de verbena a noite coruñesa  prolongándose durante máis de tres horas. Xunto á formación estivo unha decena de artistas de renome como Mónica Naranjo, Edurne, David Bustamante, Herdeiros da Crus e Efecto Pasillo.
Para a montaxe do aniversario da Panorama, desplegáronse no Coliseum sete trailers, fronte aos seis que empregou un artista como Lenny Kravitz.  A montaxe "superou a de producións internacionais" celebrada outras veces neste recinto de espectáculos .

 

22/10/13

Gústache ler en galego?

Participa no club de lectura da Escola Oficial de Idiomas da Coruña



3º Obradoiro iniciación á curtametraxe en galego

Organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Escola Oficial de Idiomas da Coruña

Relator: Omar Rabuñal Varela (director, guionista e actor)
Lugar: Escola Oficial de Idiomas da Coruña
Duración: 15 horas (novembro – decembro 2013)
Dirixido a: Estudantes da EOI da Coruña, ESO , bacharelato e FP dos centros públicos e concertados da cidade da Coruña.
Número máximo de participantes: 20 (por rigorosa orde de inscrición).
Haberá lista de agarda.
Prazo de inscrición: do 18 de outubro ao 8 de novembro 2013
Certificarase a asistencia e aproveitamento do curso aos estudantes que completen o 80% e participen na práctica da rodaxe dunha curtametraxe en galego como proxecto final do obradoiro.
                                                               


 Sala 20 da EOI
Calendario
Día                                            Hora
Martes 12 de novembro        20.00-21.30
Xoves 14 de novembro         20.00-21.30
Martes 19 de novembro        20.00-21.30
Xoves 21 de novembro         20.00-21.30
Martes 26 de novembro        20.00-21.30
Xoves 28 de novembro         20.00-21.30
Martes 3 de decembro          20.00-21.30
Martes 10 de decembro        20.00-21.30
Xoves 12 de novembro         20.00-21.30
Martes 17 de decembro        20.00-21.30

VI día da ciencia en galego

Arte e ciencia. Concursos


A Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA), a Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) e mais a Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA) convidan á comunidade educativa a festexar o vindeiro 4 de novembro o IV Día da Ciencia en Galego, para reivindicar o dereito a gozar da ciencia e da arte no noso idioma. Nesta edición os homenaxeados son o arquitecto Richard Buckminster, a científica Florence Nightingale e o intelectual e artista galego Isaac Díaz Pardo.


17/10/13

San Luis: estamos de volta

O fundador da cadea San Luis reabre tendas pechadas pola multinacional que lla comprou e crea un modelo “100% galego” convencido de que funciona

Estamos de volta. San Luís. O anuncio ocupa todo o escaparate nun local do centro comercial das Roseiras na Coruña. Volve, case 40 anos trala súa creación, a cadea galega de tendas de electrodomésticos. E volve da man do seu fundador. Algo nada frecuente e menos tras ser engullida por unha multinacional francesa que tras sete anos, desistiu, liquidou e marchouse. 

Pero "equivoqueime”, engade. A multinacional “non aguantou o tirón”. E López, con ánimo de recuperar “o capital humano” ao que a francesa non soubo sacar partido, embarcouse de novo, con outros dous socios, na aventura de reabrir en setembro ata dez tendas dunha marca comercial que, sorprendentemente, segue sendo unha referencia líder para os consumidores galegos. Unha enquisa recente corrobora que San Luís é a terceira preferida para comprar electrodomésticos ou eléctronica, catro puntos por encima do seu ata agora dona gala. “É incrible para unha marca que leva sete anos desaparecida”, subliña o empresario coruñés.

E outro empeño do empresario: San Luís volverá ser 100% galega. Xa fora pioneira en utilizar o galego en toda a súa publicidade cando aínda non existía nin TVG, nin a autonomía. “E sen recibir un céntimo de subvención”, unha cultura na que o fundador da cadea nunca creu, nin practicou, insiste. Para poñer á última as tendas da cadea, que recorrerá á web e as redes sociais para “unha constante comunicación co cliente”, os seus donos acudiron á Universidade da Coruña, algo que moi poucos empresarios utilizan, lamenta López, para dotarse dun potente sistema informático.