27/03/12

Profe de galego: corrixir a lingua tuit a tuit

Debemos confesar unha cousa: non seriamos nada se non existise Ortogal, unha ferramenta da Universidade de Vigo que che permite comprobar en todo momento que o que esteas a escribir sexa correcto. E pode que dentro de nada tampouco sexamos moito sen @Profe_Galego, un perfil en Twitter que soluciona todas as dúbidas que aos tuiteiros lles poidan xurdir sobre o uso (e abuso) da lingua galega. Ninguén sabe quen se esconde detrás deste perfil, porque como os superheroes @Profe_Galego ten unha vida no Twitter desfacendo problemas lingüísticos e outra fóra, no mundo civil. Contactamos con @Profe_Galego vía correo electrónico e confésanos que é licenciada en Filoloxía Galega e que como o seu ID na rede social adícase á formación en galego.

26/03/12

"Os problemas ante a xustiza non son competencia da SXPL"

A Mesa critica ao secretario xeral de Política Lingüística por non saír na defensa de Carlos Callón, enxuizado por censurar a actitude do ex xuíz decano da Coruña ao non respectar a toponimia.

Hai uns días, Valentín García, suliñaba na Cámara que o seu departamento "non ten competencias" para facer nada ante o xuízo que terá que afrontar Carlos Callón por criticar públicamente ao xuíz Antonio Fraga Mandián ao entender que este maxistrado se gabou da legalidade. 
Uns argumentos que non gustaron á Mesa. Para a asociación presidida por Callón, “clama ao ceo” que a Secretaría Xeral de Política Lingüística opte, unha vez máis, “polo silencio administrativo” ante casos autenticamente “kafkianos” como o da parella que tivo que casar nun xulgado vigués, o pasado 17 de febreiro, asistida dun intérprete para o poder facer en galego. “Situacións esperpénticas que non é a primeira vez que se producen en pleno século XXI”, advirte A Mesa, “ante as cales Valentín García prefire arrombar a súa condición de sociolingüista e abaixar a cabeza”, engade a entidade.

25/03/12

Éxito de público na representación do grupo Chévere no Forum Metropolitano da Coruña

A obra Citizen Total foi representada o 24 e 25 de marzo

Citizen fala da construcción dun imperio económico desde a periferia. Fala de como utilizar o que nos ofrece a historia en beneficio propio, de como se constrúe a realidade como se fose un culebrón. Citizen é unha historia de ficción baseada libremente nun personaxe real: A.O. A historia do seu triunfo serve para expoñer o impacto da globalización sobre as nosas formas de vida e sobre este curruncho que seguimos chamando Galicia. O triunfo dun individuo e o fracaso dun pobo?” (Grupo Chévere)
Citizen Total, de Grupo Chévere
- Autoría: Manuel Cortés
- Dirección: Xesús Ron
- Elenco: Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, Nekane Fernández, Iván Marcos
“Cítizen Total” é unha triloxía sobre o imperio téxtil de A.O. feita en tres episodios que se estrearon ao longo do 2010 e 2011 na Sala Nasa de Santiago de Compostela. Está nomeada aos XVI Premios María Casares 2012 nas categorías de mellor espectáculo, mellor actriz secundaria, mellor actriz protagonista, mellor dirección, mellor texto orixinal,  mellor iluminación, mellor música orixinal e mellor escenografía. Con este espectáculo, o Grupo Chévere acadou o Premio da Crítica Galicia 2011 ademáis de ser o espectáculo con máis votos na Rede de Teatros Alternativos.

23/03/12

John Rutherford e Manuel Rivas nomeados doutores honoris causa pola Universidade da Coruña

Hai dous xeitos de ignorancia, a cultura do autoconsumo e o cosmopaletismo


O profesor e hispanista de linguas modernas da Universidade de Oxford, John Rutherford que traduciu libros de contos de Castelao e Xosé Luís Méndez Ferrín; que tamén pasou a esta lingua os poemas de María Mariño, aos narradores Eduardo Blanco Amor e Carlos Casares e que publicou As frechas de ouro (Galaxia), inspirada nas súas experiencias no Camiño de Santiago foi nomeado doutor honoris causa xunto ao xornalista e escritor coruñés Manuel Rivas de grande sona e labor literario recoñecido. Traducido a moitos idiomas destacando as súas obras: Que me queres amor?, O lapis do carpinteiro ou Os libros arden mal.

Fotografía de Gabriel Tizón en El País

18/03/12

O tren: un lip dub dende o Morrazo

Lip dub da versión que Eladio y los seres queridos fixeron da canción O Tren, de Andrés do Barro. Incluída no disco tributo Manifesto Dobarrista (Falcatruada, 2007).
Audiovisual As Barxas
Alumnado de 4º E.S.O. do I.E.S. As Barxas de Moaña
Departamento de música

14/03/12

Seminario sobre lingua e emprego da Universidade da Coruña

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía da UdC, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística, organiza o seminario Lingua e Emprego, que terá lugar os días 20, 21 e 22 de marzo de 2012 na Coruña


O seminario consistirá en tres sesións:

Martes 20 de marzo: FORMACIÓN E EMPREGO
Con Silvia Muíño

Mércores 21 de marzo: FERRAMENTAS PARA O TRABALLO NO CAMPO EDITORIAL
Con María Vilariño

Xoves 22 de marzo: FERRAMENTAS PARA O TRABALLO NO CAMPO DA TRADUCIÓN
Con Antón Lado

As tres sesións terán lugar na aula 2.5 da Facultade de Filoloxía da UdC ás 12.30 h

As persoas interesadas poden inscribirse a través do Facebook da CNL, ou ben enviando un correo electrónico a cnlfilo.udc@gmail.com.

09/03/12

Disquecool

Así se presenta este medio nas XIV xornadas pola normalización lingüística do Consello da Cultura Galega

08/03/12

Historias de ser muller

Reportaxe sobre a situación da muller en Galicia ao longo da historia. Realizado pola TVG para o programa Historias de Galicia presentado por Xosé Barato.

1ª parte
2ª parte
3ª parte

07/03/12

As mazás casamenteiras

Un novo vídeo elaborado polo EDLG do IES Mosteirón (Sada)


"As mazás casamenteiras", é un novo traballo cinematográfico de Édelingua, do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES O Mosteirón de Sada.
Como no caso doutro vídeo realizado por este mesmo Equipo, "Na oficina de obxectos perdidos", está baseada nun texto de Séchu Sende.
Protagonizada por Alejandra e Miguel, de primeiro de ESO, e por Anna e Lucía, de 4º de ESO. Javier González Garrido (Genetic films), de 2º de Bacharelato, gravou, dirixiu e montou este filme no que o feito de valorar a esencia das cousas e non a súa aparencia e a casualidade ou o destino provocan o encontro de dúas persoas moi especiais, un mozo e unha moza moi tenros, amantes da lectura e tamén das mazás do país, as máis saborosas, aínda que non teñan boa "pinta".
Vía CGENDL

05/03/12

Heredeiros da Crus en Ordes!

Os Heredeiros da Crus celebraron o seu XX aniversario cun concerto en Ordes o pasado tres de marzo. Este video mostra un momento do espectáculo.

Alabaré

02/03/12

IES de Ponteceso: celebrando a Rosalía en Londres

O 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalia. Este ano, ademais, tratábase de conmemorar o 175 aniversario do seu nacemento. O alumnado de 2º de ESO do  IES de Ponteceso recitou algúns poemas.


Ver o que fixeron no Cañada Blanch de Londres, Unha vez tiven un cravo... .en galego, inglés e dariya. Un exemplo do plurilingüismo ben entendido.

En galego:

A versión de Omar, un rapaz de 12 anos que está empezando co galego e xa nos fai a súa versión en dariya: