06/11/11

A lingua tan necesaria como o pan

@s alumn@s do CIP Virxe da Saleta de Cea protagonizan un video sobre a lingua

Lipdub do CPI Virxe da Saleta sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.



2 comentarios:

  1. É un vídeo delicioso, coma o pan de cea. Hai que recoñecer que a nosa lingua sabe.

    ResponderEliminar
  2. Desculpade o lapsus de poñer Cea con minúscula

    ResponderEliminar