13/11/11

Cambre, visto por nenos de 5 anos

O CEIP O GRAXAL gaña un premio educativo dotado con 16.000 euros

As profesoras Jenny Brandariz e Irene Conde do CEIP O Graxal de Cambre editaron unha guía  dos traballos dos seus alumnos de cinco anos sobre Cambre  que gañou o concurso estatal Crearche, no apartado de educación infantil. 

Na guía os nenos fan descricións moi curiosas da contorna que lles rodea. Do río Mero indican que está «chulísimo» porque «ten moitas árbores, algunhas saen do medio do río e fan como illas e outras están por fora, non paseo. Este paseo está feito de terra. É estreito e longo, chega ata Cecebre». Tamén describen a igrexa de Santa María como un edificio «moi grande» e detallan cousas que a moitos se lles pasarían desapercibidas xa que sobre as súas portas de madeira, «metido nun círculo, hai unha ovella cunha cruz grande», indican. Tamén achegan un especial punto de vista da ponte romana que Cambre comparte co Burgo, no que «hai escudos, que vos vin con mamá», está rodeado de «cisnes, patos, peixes e gaivotas», a pesar de que «a ría está sucia, con moita lixo». O Concello de Cambre anunciou que subvencionará a publicación de máis guías.

11/11/11

A química tamén fala galego no ies Elviña

@s alumn@s de 1º de Bacharelato do IES Elviña realizaron experimentos para conmemorar o día da ciencia en galego. A maioría relacionados coa química.

06/11/11

A lingua tan necesaria como o pan

@s alumn@s do CIP Virxe da Saleta de Cea protagonizan un video sobre a lingua

Lipdub do CPI Virxe da Saleta sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.



04/11/11

III ASEMBLEA DA COORDINADORA GALEGA DE ENDL

5 de novembro no IES Fontiñas de Santiago


ORDE DO DÍA

  • 10.45.Entrega credenciais e documentación.
  • 11.00.Apertura da asemblea.
  • 11.05.Aprobación do regulamento.
  • 11.20. Informe do CD saínte (dos 2 anos. Votación: apróbase/non).
  • 11.40.Descanso.
  • 12.10.Revisión da "Organización e funcionamento da CGENDL": exposición, debate e votación de enmendas, se houber.
  • 12.40.Presentación de candidaturas ao Consello Directivo e posterior votación.
  • 13.15. Nomeamento do novo Consello Directivo da CGENDL.
  • 13.20.Proposta do Plan anual de traballo: presentación, debate e votación e Novas propostas de actividades enviadas desde os equipos.
  • 13.50. Rogos e preguntas.
  • 14.15.Clausura da asemblea polo/a Coordinador/a Xeral.

03/11/11

Máis de 10.000 alumnos participarán no Día da Ciencia en Galego

María Isabel Fraga Vila, directora do Museo de Historia Natural da USC, e don Ángel Carracedo, director do Instituto de Medicina Legal, participan nas xornadas organizadas pola Coordinadora Galega de ENDL.
A ciencia tamén se pode facer en galego ou iso cre a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) que pon en marcha este sábado o lema do II Día da Ciencia en Galego. Estas xornadas teñen como obxectivo mostrar que a lingua galega é un idioma apto para o desenvolvemento das materias científico-técnicas no ensino, ámbitos excluídos para o galego en diferentes niveis educativos segundo o Decreto para o Plurilingüismo.


Segundo apunta a coordinadora, a resposta dos centros educativos “está sendo moi boa” e superou as expectativas da organización, posto que xa se cubriron as 100 conexións existentes para os centros de secundaria e algo máis de 60 para os centros de Primaria. En total, serán algo máis de 10.000 rapaces e rapazas de toda Galicia os que seguirán as intervencións dos conferenciantes, aos que lle poderán dirixir preguntas a través dun chat na propia sala virtual da videoconferencia.

02/11/11

Por defuntos a lingua tamén está presente

Poucas lápidas teñen algo especial: unha entre catrocentas. Unha luz entre a desfeita, un milagre nos cemiterios.



 
  Viñeta de Kiko da Silva

@S ALUMN@S DO IES DE BREAMO (Pontedeume)contan contos de medo o día de defuntos