25/01/12

II encontro de equipos e de docentes pola normalización

A Coordinadora Galega de ENDL convida aos coordinadores/as e membros de Equipos de Dinamización da Lingua Galega e demais docentes interesados na normalización lingüística no ensino a participar no II Encontro de equipos e de docentes pola normalización, que terá lugar o sábado 11 de febreiro no  IES As Fontiñas de Santiago de Compostela.  

Do mesmo xeito có curso pasado, será un espazo de encontro do grande colectivo dos profesionais do ensino que traballan pola normalización da lingua galega nos centros escolares e o seu contorno para seguir ampliando as posibilidades de colaboración co obxectivo de dotar o alumnado da plena competencia lingüística tal e como establece a lexislación.
Ao longo da  xuntanza teremos a posibilidade de compartir experiencias que se desenvolven nos institutos e colexios por medio de encontros simultáneos que abordarán diferentes perspectivas do labor normalizador e dinamizador.

Ningún comentario:

Publicar un comentario