Unha nova ollada. Unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
En 1863 Rosalía de Castro editou en Vigo Cantares Gallegos, un poemario
de inspiración popular que "inaugura a cultura galega contemporánea", en
palabras do profesor Anxo Angueira. Co gallo de celebrar os 150 anos da
súa edición, o Consello da Cultura Galega ofrece unha versión facsimilar desta primeira
edición viguesa de Cantares Gallegos, na que se desenvolven moitas das
temáticas literarias de Rosalía de Castro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario