16/10/11

O galego marxinado nos medios de comunicación

Presentado un manifesto en Santiago contra a marxinación do noso idioma

"O incremento da presenza da nosa lingua nos medios de comunicación acadado pola acción da sociedade galega nas derradeiras décadas do século XX –que situaría o seu punto culminante nunha media do 7,5% de espazo na prensa escrita cara ao ano 1975- foi progresivamente recuando, nos últimos anos, ata se situar apenas nun 3% nese mesmo sector en 1993 (...).
                                
Peticións do manifesto:

Por todo o devandito, como galegas e galegos, asinamos a nivel individual ou colectivo o presente escrito e esiximos dos medios privados de comunicación de masas en Galiza:
1) A presenza do galego nun 50% da totalidade do espazo escrito e tempo da grella de programación.
2) A reprodución literal das nosas declaracións e intervencións na lingua en que as expresamos.
3) A transcrición literal dos eslógans e textos das pancartas na súa lingua orixinal.Esta reclamación do mínimo respecto seralles trasladada aos empresarios ou directores dos medios, e se estes continuaren na súa actitude discriminatoria estudaremos facer valer os nosos dereitos ante os tribunais de Xustiza e as instancias internacionais pertinentes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario