31/10/11

Concedido o premio Xoán Manuel Pintos 2011 á CGENDL

O Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) concedéronlle o Premio Xoán Manuel Pintos 2011 de impulso da normalización lingüística á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua (CGENDL) e á Aula Castelao de Filosofía.
Norabóa e parabens a tod@s.

27/10/11

César Morán presenta un libro musicado sobre Cunqueiro

Na Asociación Cultural Alexandre Bóveda o día 27 de outubro ás 20 horas, César Morán presentará o seu libro Haberá Primavera. O escritor e músico canta a Álvaro Cunqueiro. Esta obra está publicada por Galaxia. e participa a cantante Uxía.  Vai acompañada de dous cd's, un coa música e outro coa derradeira entrevista concedida en vida polo autor de Mondoñedo, precisamente, a César.



Censurado un blog de dinamización lingüística

Pecha o blog do CEIP de Campolongo

A Consellería de Educación prosigue coa súa Caza de Meigas na destrución das señas de identidade deste país. Agora lle toca a un medio de difusión educativa en galego, o blog do CEIP de Campolongo. Un blog, que , por outro lado, fora recomendado pola mesma Secretaría de Política Lingüística da Xunta de Galicia.






26/10/11

O profesorado expresa un non rotundo aos recortes no ensino público e ás imposicións da Consellería

Case o 100% do profesorado trasladou un non rotundo aos recortes impostos pola Consellería de Educación no referendo celebrado o martes 25 de outubro en máis de 760 centros de todo o País. Ante este rexeitamento inequívoco da política educativa da Consellaría, cremos que soamente cabe unha saída: a retirada da orde pola que se amplía a carga lectiva do profesorado e a obriga de vixilancia do alumnado transportado. Unha orde que supuxo unha redución do profesorado e o empeoramento da calidade do ensino.
Un momento das votacións no IES Agra de Leborís.

No referendo celebrado este martes 25 de outubro, o profesorado dixo:
•Non aos recortes no ensino público.
•Non ao incremento do horario lectivo.
•Non a imposición da custodia do transporte.
•Non a esta política educativa que procura o desprestixio do ensino público e favorece á privada.

Escrutados os 764 centros, o resultado é o seguinte:

PREGUNTA SI NON  BRANCO
Estás de acordo cos recortes no ensino público? 0,69% 98,03% 1,30%
A Consellaría de Educación impuxo un incremento do horario lectivo. Estás de acordo con este incremento? 3,13% 93,38% 3,43%
Estás de acordo con que o profesorado teña entre as súas funcións a custodia do alumnado transportado? 1,26% 97,23% 1,37%
Consideras que as diferentes medidas adoptadas pola Consellaría de Educación melloran a calidade do ensino? 0,65% 97,48% 1,50%

A alta participación no referendo e a elevada porcentaxe de respostas negativas supoñen o rexeitamento máis evidente e contundente ás medidas de recorte e de deterioro do ensino público emprendidas pola Consellaría de Educación.
A participación do profesorado significa tamén posicionarse en prol da defensa inequívoca do ensino público como único garante da igualdade de oportunidades.

Un non rotundo aos recortes

O profesorado dixo non aos recortes sen precedentes que a Consellería está a  levar a cabo no ensino público, uns recortes que se concretaron na redución de máis de mil profesores, no peche de 156 unidades, na masificación das aulas, nunha atención inadecuada ás necesidades educativas especiais e á diversidade ou na carencia de prazas para Educación Permanente de Adultos e FP. Todo isto, mentres a Consellaría si  amplía unidades concertadas na privada e arbitra outros mecanismos de desvío de fondos públicos a eses centros.
O profesorado rexeitou tamén a ampliación do horario lectivo, coa rotura dun acordo unitario no caso de Primaria, porque, non só empeora as condicións laborais do profesorado, senón que supón un ataque á calidade do ensino na medida en que imposibilita que se poidan realizar outras funcións necesarias. Ademais a Consellaría coa redución do profesorado e a prohibición de realizar desdobres procura o deterioro do ensino público ao impedir unha atención personalizada.
“Os resultados do referendo son a mostra máis contundente da repulsa do profesorado a un Conselleiro que ten como denominador común na súa actuación a mentira, a demagoxia e a manipulación, como por exemplo cando se atreveu a afirmar que o profesorado era favorábel maioritariamente ás medidas e recortes que está realizando contra o ensino público. Coa súa participación o profesorado está a reclamar que o Conselleiro poña fin ás actuacións que teñen como obxectivo o desprestixio e a desvalorización da función docente”.

22/10/11

MOSTRA DE CIENCIA E CINEMA

Organizado pola Casa das Ciencias, na semana do 24 ao 28 de outubro pódese disfrutar de documentais sobre ciencia. Proxectaranse no CGAI e na Fundación Rodríguez Iglesias.





21/10/11

Quen abre a partida?

Os concellos de Arteixo e A Coruña aínda non teñen marcado o seu deslinde

Os veciños de Meicende editan unha versión do xogo do Monopoly, para reivindicar o deslinde entre Arteixo e A Coruña. O actual alcalde, Carlos Calvelo, encabezou durante o pasado mandato as protestas polos perxuízos derivados da indefinición das fronteiras entre ambos concellos que, segundo os seus cálculos, deixaban en terra de ninguén a 551 vivendas e unha cantidade considerable de empresas.

.

 

17/10/11

Criterios de linguaxe non sexista

O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Oficina de Igualdade de Xénero, acaba de publicar unha guía de Criterios de Linguaxe non Sexista. Esta guía pretende ser un apoio no labor de redacción e creación textual para toda a comunidade universitaria, en especial para as persoas nas que recae a responsabilidade de difundir información institucional. A súa utilización permitirá que os textos e os discursos emitidos pola nosa Universidade teñan un estilo comprometido co non sexismo e asentado na cultura da igualdade.
A contribución de todos e todas nós neste labor contribuirá a facer da Universidade de Santiago de Compostela un exemplo de compromiso cos valores de modernidade e de igualdade.