"A cidade é un libro que se le camiñando", dicía Agustín Fernández Paz.
Pero tamén é un territorio que se entende escoitando os seus sons, a súa
música e recompilando súa historia cantareira. Iso é parte do que
pretende o proxecto Música en branco: memoria da Agra do Orzán, presentado este luns na Coruña, unha intervención
urbana que investiga, documenta, difunde e pon en valor a memoria
musical e sonora deste popular (e populoso) barrio. Unha
iniciativa que "explora o patrimonio inmaterial e subliña o valor
comunicativo da música e a súa capacidade para xerar un tecido común".
20/05/13
A memoria musical do barrio máis 'denso'
A Agra do Orzán convértese na primeira contorna barriografiada da historia
19/05/13
15/05/13
Agasallo de luz
Concurso das Letras Galegas organizado pola Fundación Barrie
Co gallo do Día das letras Galegas 2013, dende o servizo de Biblioteca da Fundación Barrié e a través da canle educativa educaBarrié convocamos o concurso "Agasallo de luz" un homenaxe á obra de Vidal Bolaño que integra a celebración do 150 aniversario da publicación de "Cantares Gallegos" .
Co gallo do Día das letras Galegas 2013, dende o servizo de Biblioteca da Fundación Barrié e a través da canle educativa educaBarrié convocamos o concurso "Agasallo de luz" un homenaxe á obra de Vidal Bolaño que integra a celebración do 150 aniversario da publicación de "Cantares Gallegos" .
A
proposta didáctica desta edición consiste na realización da webquest
"Agasallo de Luz", cuia tarefa principal consite na elaboración dun
texto teatral que teña como motivo principal o significativo Banquete de
Conxo celebrado o 2 de marzo de 1856. O texto deberá representarse
polo propio alumnado e gravado en vídeo.
08/05/13
Fernando Vázquez estará no Correlingua
O adestrador do Depor dará a benvida aos participantes da comarca coruñesa o próximo 13 de maio
07/05/13
06/05/13
05/05/13
Club da ciencia e da investigación
Propostas das bibliotecas municipais relacionadas co mundo da ciencia
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




