09/12/11

Vencello

Vencello é a primeira rede de blogues temáticos en lingua galega, nada a partir da unión dunha serie de blogues xa creados e doutros novos creados ex profeso, que tentan cubrir un abano amplo de temáticas co punto en común de estar escritos en lingua galega.

Mais Vencello pretende ser ademais un ente impulsor de blogues de novas temáticas, que poña en relación a persoas con intereses comúns que buscan escribir sobre un tema e non poderían ou queren levar un blogue en solitario. Con esta vontade temos en marcha un proxecto de viveiro de blogues, A Incubadora.
Polo de agora, forman parte de Vencello os seguintes blogues:
Cinema Friki
Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series... Novas e críticas para saber que ver e que non ver.


Galiloxía
Galiloxía é un blogue sobre tecnoloxía onde sempre atoparás novas sobre aparellos, chismes e trebellos de todo tipo e clase, dende os máis coñecidos ate os máis inusuais e atrevidos, todo esto sen esquecernos de análises, unboxings e máis.


A Mac-eira
Blogue sobre o mundo Apple onde poderás atopar noticias, vídeos e complementos para os teus aparellos da mazá, dende a gama máis portátil de reproductores pasando polos trebellos do momento e rematando cos grandes da casa, os Mac.


Mallando na e-ira é un blogue con contidos “científicos” e divulgativos, que tentamos explicar da forma máis pedagóxica posible. En Mallando na e-ira falamos desde sobre estruturas de pontes, até sobre a orixe dunha palabra, pasando por lembranzas de aniversarios de feitos históricos ou científicos, ou por todo aquelo que ten que ver coas comunicacións.

Mallando no Android é o blogue no que falamos do sistema operativo de Google. Nel analízanse todo tipo de cuestións relacionadas con Android, como a análise de aplicacións e terminais, consellos de uso e trucos... así como tamén información puntual sobre a actualidade sobre Android e a cobertura dos eventos máis destacados.


Mallando na BlackBerry é o lugar para estar ao día de todo o que se move no mundo BlackBerry. Nel falamos tanto de dispositivos como de aplicacións e trucos que farán moito máis doado a xestión do teu aparello RIM.

A Malla das Telecos é un espazo no que analizamos todo o que ten a ver coas operadoras de telefonía e Internet, tratando de poñer orde e explicar de xeito sinxelo a diversidade de compañías, tarifas, ofertas e promocións, ademais de dar algún que outro consello para tratar de aforrar nas nosas facturas.


O Esparavel de Mallando
O Esparavel de Mallando é un fotoblogue que xurdiu coa idea de amosar nel imaxes curiosas relacionadas principalmente coa construción. Estas imaxes acompañámolas na maioría dos casos dunha descrición que intenta explicar da maneira máis breve e sinxela posíbel o que nos atopamos nela.


Memoria Pixelada
Memoria Pixelada é a primeira web sobre videoxogos integramente en galego na cal analizamos videoxogos, actualizamos as novidades diariamente, realizamos artigos de opinión etc, e todo cun toque de humor que se reflexa máis pronunciadamente nos apartados de "Trangalladas" e "Frikimaxes".
Irémolos descubrindo pouco a pouco. Entra en vencello

07/12/11

Galeoke, cantamos en familia nestas festas

Despois do café o avó toma a iniciativa, o meu normalmente arrinca con esa que di así: “Quedaches de vir ás nove, viñeches ás nove e media, ti pensas que esa é maneira de enganar a unha morena…”, pero cada casa ten o seu estilo. No repertorio de cantigas hai porén unha serie de grandes éxitos que non poden faltar nunha celebración que se prece. Agora, un novidoso invento que podes experimentar en primeira persoa no Culturgal está chamado a revolucionar as sobremesas en moitos fogares galegos. Chámase Galeoke, o primeiro karaoke con cancións 100% galegas.

 Aitana é unha das responsables da iniciativa, obra de “cinco colegas” amantes da festa, fartos de ter que entoar hits de Lady Gaga ou Beyoncé. “Queremos cantar cousas que nos gustan”, afirma.
O Galeoke é parecido ao coñecido videoxogo Sing Star da PlayStation, coa diferencia de que no canto dos éxitos comerciais do momento en castelán ou en inglés, neste karaoke enxebre todos os títulos son galegos. Polo demais, o mecanismo do xogo é bastante similar: o obxectivo consiste en ser o mellor entoando. Ao final da canción o Galeoke puntuará a túa actuación, determinando se careces completamente de oído, ou se pola contra tes potencial de estrela. “Non se trata de saber a canción, senón de facelo ben”, explica Aitana.
Este Karaoke instálase no ordenador e é compatible con Mac, Windows e Linux. Só precisas engadir un micro, e a festa está garantida. Ou polo menos isto opina unha señora espontánea que se abalanza sobre un dos micrófonos instalados no stand do Galeoke no Culturgal. “Con isto tes festa todo o ano. Cantan nenos, cantan fillos, cantan avós, cantan todos”. Iso si, prefire ir por libre antes que ter que seguir as liñas de entoación que amosa a interface do xogo.
O primeiro volume do Galeoke presentouse o ano pasado, precisamente na Feira das Industrias Culturais de Galicia, e “foi un éxito”. Aitana explica que o segundo estará á venda este Nadal, con 21 temas que van desde a tradición á música máis contemporánea e entre os que se atopan ‘O sancristán de Coimbra’ de Pilocha, ‘Quero josar’, de Heredeiros da Crus, a ‘Xota de Ribeira de Piquín’ de Nova Galega de Danza e ‘Calamar’ de The Homens. Se estás interesado/a en adquirir algún dos volumes podes facelo en librerías e tendas de música por un prezo que ronda os 20 euros.
Á hora de realizar a escolla dos temas é fundamental que as cancións se poidan “galeokar”. A música acompáñase cun videoclip, cando existe, ou no seu defecto cunha imaxe fixa do grupo. O Galeoke destínase a todo tipo de público adulto, “desde chavalada a señoras”, aínda que  os nenos son os que máis se lanzaron a probar a experiencia no seu stand do Culturgal.


06/12/11

05/12/11

O Culturgal, a cultura que esquiva á crise

O sector cultural galego xenera 17.000 empregos e representa o 3% do PIB da nosa economía.

A Feira das Industrias Culturais pechou as súas portas coa satisfacción unánime do sector, tanto pola masiva resposta do público en Pontevedra como pola crecente sintonía acadada entre as empresas de distintos gremios culturais. Vídeo de Tingalaranga no interior. 



03/12/11

Percebeiros

Documental de David Beriain, seleccionado para os Premios Goya:



Introduce algúns elementos fotográficos interesantes, como o dispoñer de imaxes aéreas das secuencias filmadas cos propios percebeiros no seu traballo. Un retrato dunha auténtica épica cotián.

01/12/11

Música brasileira moi próxima á nosa

Michel Teló: Ai se eu te pego

Descubrimos esta canción brasileira. A música deste enorme país é moito do noso agrado. Velaí unha  proba de que entre galego e brasileiro son máis as semellanzas que as diferenzas.



Nossa, nossa
Assim você me mata
Ai se eu te pego, ai ai se eu te pego

Delícia, delícia
Assim você me mata
Ai se eu te pego, ai ai se eu te pego

Sábado na balada
A galera começou a dançar
E passou a menina mais linda
Tomei coragem e comecei a falar

Nossa, nossa
Assim você me mata
Ai se eu te pego, ai ai se eu te pego

Delícia, delícia
Assim você me mata
Ai se eu te pego, ai ai se eu te pego

Sábado na balada
A galera começou a dançar
E passou a menina mais linda
Tomei coragem e comecei a falar

Nossa, nossa
Assim você me mata
Ai se eu te pego, ai ai se eu te pego

Delícia, delícia
Assim você me mata
Ai se eu te pego, ai ai se eu te pego