06/11/12

O muíño da lingua

A facultade de Ciencias da Universidade da Coruña inaugura este novo espazo de promoción para o uso do galego

A Comisión de Normalización Lingüística da facultade de Ciencias estrena un novo espazo, situado no campus da Zapateira. Concebido como un novo servizo de intercambio entre toda a comunidade universitaria, o bautizado como Muíño da Lingua é unha peza que se integra no mobiliario urbano entre os centros de Arquitectura e Ciencias.
A obra é dun estudante da Escola Técnica Superior de Arquitectura Camilo Blanco Pampín, gañadora do premio Luisa Villalta de 2010. Con esta nova infraestrutura, o Servizo de Normalización Lingüística busca promover o uso do galego entre tódolos estudantes e profesores da entidade.
   “Do mesmo xeito que unha mensaxe nunha botella, toda a comunidade universitaria poderá deixar apuntes casuais, estados de ánimo, unha observación, un consello, un contacto, un debuxo, un CD, un libro… e sorprenderse co que atope no seu interior”. Con estas palabras explicaba o propio artista a concepción da súa obra, que despertou grande expectación no campus universitario durante a súa presentación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario