![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhFYfzXDbmRBCIDr87QXseQw9vjavAl_vNuecWzAozshdQsgIDrJJPBlNO6Il9IsqX2-k1fsvOdTxGJoUB4HV62eWeEd9V0IzsdDCfT6UiQNK16RHdZ8gz58_KK78zo7CZaOfJtzcfkBv0M/s320/logo.jpg)
Crecemos facendo curtametraxes e sempre defendemos a curta coma
formato propio. Hai historias que emocionan en 5 minutos que nunca
conseguirán transmitir o mesmo en 90.
Máis alá dos tradicionais festivais, as curtas non teñen unha saída para o gran público coa calidade que merecen, tanto en imaxe coma en son e é imposible ver curtas nunha sala de cinema na actualidade.
Por iso desde PIXEL FILMS e FILMAX GALICIA quixemos dignificar as curtas e ofrecer o mellor lugar e calidade de proxección para darlle ás curtas a importancia que merecen: unha sala de cinema dixital en alta definición nos CINES FILMAX 3D A CORUÑA de LOS CANTONES VILLAGE.

Esta iniciativa pretende levar as curtas, pequenas ou grandes, ao
mellor escenario posible e así dar a oportunidade ao gran público de
gozar de pequenas, pero grandes obras de arte.
Non deixedes pasar esta oportunidade,