Fútbol galego, fútbol en galego, o proxecto de GalegoLab que pretende que o Dépor comece a utilizar o galego, xa conseguiu todos os recursos que precisaba. Toca agora, por tanto, poñerse a traballar.
Este é o folleto da campaña:
XA está !! xa temos todo o que precisamos para botar a andar o proxecto. Grazas a todos os q colaborastes dunha ou doutr maneira.
Agora toca empezarmos a facer pública a nosa iniciativa, a dala a coñecer ao deportivismo e a toda Galiza, para seguir a sumar apoios.
En setembro no comezo da liga faremos un reparto de folletos en Riazor, estade atentos.
E despois principiaremos outra serie de actividades, rolda de prensa, contactos con peñas, coa directiva etc.
Desta vez ten que ir. Queremos un DEPOR en GALEGO e de primeira. Dous obxectivos a cumprir para este ano !!
No comezo da liga 2011-2012 faremos unha serie de actos públicos para darnos a coñecer máis, e tentaremos que a actual directiva do Depor se decate de que non hai motivos para continuaren con esta actitide de exclusión do galego, lingua propia e cooficial en Galiza.
Cales eran as necesidades
De momento xa temos recursos abondos para imprimir os primeiros folletos, mais non viría mal dende logo que houber máis aportacións, sempre nos permitiría facer outros materiais, autocolantes, camisetas, pancartas para Riazor, etc
Cales eran os obxectivos
Os primeiros pasos a darmos para lanzar e por a andar esta idea serían
1. Que, co texto adxunto (que se pode descargar en "Arquivos con información adicional"), alguén deseñe un folleto informativo da campaña.
2. Conseguir xente que o imprima e o reparta no estadio. Máis adiante, se a idea ten éxito, buscaríanse fondos para imprimilos máis masivamente.
3. Facer o reparto.
4. Voluntarios que contacten coas peñas para informar e difundir a idea.
5. Atopar o máximo de xente interesada que se adhira a un grupo que xa hai creado en Facebook a este efecto (
http://www.facebook.com/home.php#!/group.php?gid=409185220190 ), para aportar suxerencias, facer comentarios...
Se a idea prospera, máis adiante buscarase facer algún acto público, tipo rolda de prensa, para dala a coñecer ao máximo de xente posible, tendo establecido contactos con peñas, figuras destacadas do deportivismo...