O
certame Musical “A
mocidade coa nosa lingua”
chega este curso á súa 14ª edición, tendo de novo como finalidade
potenciar outros ámbitos de uso para a nosa lingua, axudando a
normalizala entre o noso alumnado.
Cartaz do XII encontro organizado polo EDLG do IES Mosteirón
O
IES de Sabón resultou gañador do 13º certame, polo que asume a súa
organización. Non obstante, antes de reservar día, local e poñelo
en funcionamento quixera facer unha serie de consideracións aos
compañerios e compañeiras que outros anos vos encargastes desta
actividade (e aqueles novos que o asumades este curso):
1ª:
Non podemos obviar que a situación económica dos Equipos de
Normalización non é a de anos anteriores. Debemos ser realistas e
saber dende o principio cales son os centros que se comprometen a
asumir os gastos. En anos anteriores os custos repartíronse entre os
centros participantes (os fixos foron os premios = 650 euros; algunas
veces houbo que facerse cargo doutros gastos: cartaces, gravación,
técnico de son…). Imos calcular de entrada 700 euros (premios +
cartaces, os mínimos). Habitualmente somos 5 ou 6 centros
participantes, polo que os gastos de cada centro serían uns 140 ou
120. Cómpre ter en conta que os centros que veñan de fóra de
Arteixo han de asumir os gastos de transporte.
Consideramos
que cinco centros participantes sería o número mínimo para que se
puidese celebrar o certame.
2ª:
Dada a precariedade económica, propoñemos modificar o punto 8 das
bases anteriores.
O
PUNTO 8 dicía “Valorarase o feito de que as letras ou a música
sexan orixinais”.
Dado
o elevado importe que se ha de pagar polos dereitos das versións e
das cancións que non son orixinais, propoñemos modificar este punto
e solicitar que as letras e música sexan orixinais, baixo
responsabilidade do centro participante. Outra posibilidade sería
que o centro asumise o gasto destinado á SGAE.
Os
puntos 5 e 6 deberán lerse tendo en conta este aspecto legal.
Achego
as bases do XIII Certame para que se valoren por se estimades que
deben sufrir outros cambios.
Agardo
as vosas propostas.
Beatriz
Real
Coordinadora
do ENDL do IES de Sabón (Arteixo)
Outubro
de 2012
Bases
do XIII certame musical
“A
mocidade coa nosa lingua”.
1-
Os centros comprométense a desenvolver esta
actividade
en dúas fases:
-
Fase interna de clasificación de cada un dos
centros
participantes.
-
Fase intercentros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario