Videoconferencia: Facendo partículas polo mundo
Con motivo da celebración do III Día da Ciencia en Galego
a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non
universitarios a participar nunha videoconferencia vía web o vindeiro
martes 6 de novembro (de 12:30 a 13:30 horas), na que destacados investigadores galegos da
Universidade de Santiago de Compostela achegarán temáticas de interese
curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que
desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os
centros escolares que desexen participar terán a posibilidade de
interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil
manexo.
Máis información na páxina da CGENDL
Ningún comentario:
Publicar un comentario