14/03/12

Seminario sobre lingua e emprego da Universidade da Coruña

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía da UdC, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística, organiza o seminario Lingua e Emprego, que terá lugar os días 20, 21 e 22 de marzo de 2012 na Coruña


O seminario consistirá en tres sesións:

Martes 20 de marzo: FORMACIÓN E EMPREGO
Con Silvia Muíño

Mércores 21 de marzo: FERRAMENTAS PARA O TRABALLO NO CAMPO EDITORIAL
Con María Vilariño

Xoves 22 de marzo: FERRAMENTAS PARA O TRABALLO NO CAMPO DA TRADUCIÓN
Con Antón Lado

As tres sesións terán lugar na aula 2.5 da Facultade de Filoloxía da UdC ás 12.30 h

As persoas interesadas poden inscribirse a través do Facebook da CNL, ou ben enviando un correo electrónico a cnlfilo.udc@gmail.com.

1 comentario:

  1. É unha pena que non se fagan pola tarde para podermos asistir quen nos dedicamos á docencia.

    ResponderEliminar