“Citizen fala da construcción dun imperio económico desde a periferia. Fala de como utilizar o que nos ofrece a historia en beneficio propio, de como se constrúe a realidade como se fose un culebrón. Citizen é unha historia de ficción baseada libremente nun personaxe real: A.O. A historia do seu triunfo serve para expoñer o impacto da globalización sobre as nosas formas de vida e sobre este curruncho que seguimos chamando Galicia. O triunfo dun individuo e o fracaso dun pobo?” (Grupo Chévere)
Citizen Total, de Grupo Chévere
- Autoría: Manuel Cortés
- Dirección: Xesús Ron
- Elenco: Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, Nekane Fernández, Iván Marcos
“Cítizen Total” é unha triloxía sobre o imperio téxtil de A.O. feita en tres episodios que se estrearon ao longo do 2010 e 2011 na Sala Nasa de Santiago de Compostela. Está nomeada aos XVI Premios María Casares 2012 nas categorías de mellor espectáculo, mellor actriz secundaria, mellor actriz protagonista, mellor dirección, mellor texto orixinal, mellor iluminación, mellor música orixinal e mellor escenografía. Con este espectáculo, o Grupo Chévere acadou o Premio da Crítica Galicia 2011 ademáis de ser o espectáculo con máis votos na Rede de Teatros Alternativos.
Viva o teatro galego, viva o teatro! Viva a liberdade de expresión! A destitución de Blanca Cendán, como directora do CDG,polo fondo e pola forma, define e mostra as maneiras do biconselleiro. Foi unha delicia gozar da triloxía de Chévere. Patricia de Lorenzo está marabillosa no papel de Sara. As escenas do obradoiro de costura, especialmente líricas, crearon un silencio xeado entre o público. O debate final foi moi interesante. Viva o teatro!
ResponderEliminar