A Mesa critica ao secretario xeral de Política Lingüística por non saír na defensa de Carlos Callón, enxuizado por censurar a actitude do ex xuíz decano da Coruña ao non respectar a toponimia.
Hai uns días, Valentín García, suliñaba na Cámara que o seu departamento "non ten competencias" para facer nada ante o xuízo que terá que afrontar Carlos Callón por criticar públicamente ao xuíz Antonio Fraga Mandián ao entender que este maxistrado se gabou da legalidade.
Uns argumentos que non gustaron á Mesa. Para a asociación presidida por Callón, “clama ao ceo” que a Secretaría Xeral de Política Lingüística opte, unha vez máis, “polo silencio administrativo” ante casos autenticamente “kafkianos” como o da parella que tivo que casar nun xulgado vigués, o pasado 17 de febreiro, asistida dun intérprete para o poder facer en galego. “Situacións esperpénticas que non é a primeira vez que se producen en pleno século XXI”, advirte A Mesa, “ante as cales Valentín García prefire arrombar a súa condición de sociolingüista e abaixar a cabeza”, engade a entidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario