Morreu Isaac Díaz Pardo
Aos 91 anos e cunha obra intelectual enorme morreu este xoves o pintor e ceramista Isaac Díaz Pardo. Unha figura clave para entender a supervivencia da cultura galega no franquismo.
Isaac Díaz Pardo faleceu o 5 de xaneiro en Santiago de Compostela, logo de semanas cun delicado estado de saúde. A súa última aportación ao mundo da cultura e da política foi unha carta que remitiu ao homenaxe de Xosé Manuel Beiras na que lamentaba non poder estar nese acto celebrado o pasado 17 de decembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario