(informe PISA)
Unha amiga miña viviu un tempo de "vender"
enciclopedias polas casas, equipada cunha lista dos alumnos e alumnas
que ían máis mal que ben nuns colexios (lista que ela non sabía como a
conseguiran na empresa, pero supoñíao). Presentábase como unha
licenciada -que o era- que pretendía analizar os coñecementos da
criatura. Confrontada coa amolada criatura, preguntáballe pola lonxitude
do río Missouri, con ou sen o Mississipii. Silencio. Nova pregunta: a
altura da pirámide de Keops. Silencio aínda máis espeso, mentres o rapaz
se encollía no asento. Non pasaba da terceira pregunta -"Data da toma
de Xerusalén por Saladino?"- e do terceiro silencio cando os pais
-normalmente a nai- do alumno estoupaban: "burro, para iso teu pai e eu
nos matamos a traballar, para que non aprendas nada!". Era o momento da
miña amiga. "No se preocupe señora, no es culpa del niño. En esta
enciclopedia vienen todas estas respuestas, ¿ve? Tiene su precio, pero
muy inferior a su valor..."
Ningún comentario:
Publicar un comentario