06/04/14

Mirando polo galego



Bases do concurso de animación patrocinado por Óptica Cambre




1.      Poden participar todos os alumnos e alumnas dos centros inscritos no

Correlingua 2014 na comarca da Coruña.

2. A participación no concurso será EN GRUPO.

3. A animación da carreira do Correlingua consistirá no desenvolvemento de ideas (a través de pancartas, disfraces, cantigas...) que contribúan a asociar a reflexión lingüística a actividades colectivas, lúdicas e amenas e interdisciplinares.

4. Valorarase a mensaxe, a orixinalidade e a animación que o grupo lle dea á carreira.

5. Os centros deberán formalizar a inscrición neste concurso enviando un

correo electrónico a correlingua@correlingua.org antes do 2 de maio.

As inscricións deberán ter como mínimo os seguintes datos:

- Centro e número dos integrantes do grupo. Resumo da animación que van facer, indicando tamén o momento da carreira en que o farán (poden facelo durante toda a carreira, pero que sinalen cando menos un dos momentos). Poñemos exemplos:

·        Imos levar unhas camisetas de cor laranxa, cun lema e uns globos. (Durante toda a carreira)
·        Imos cantar unha canción “Galego, paso adiante” na saída, no Paseo Marítimo (á altura do Hotel Riazor...)

Desta maneira o xurado poderá emitir a súa valoración máis facilmente.
O grupo deberá levar algún elemento que os diferencie para poder localizalos no caso de gañaren o concurso.

6. O xuri estará composto pola Comisión Organizadora. A decisión do xurado será inapelábel.


7.- Os traballos premiados poderán ser reproducidos en campañas publicitarias e divulgativas do Correlingua. Para estes efectos os autores cederán os dereitos de reprodución á organización do Correlingua.

8.  Haberá un único premio consistente en 3 tablets, agasallo de Óptica Cambre. O centro gañador decidirá como as reparte entre os integrantes da animación.

9. A participación neste concurso supón a aceptación das presentes bases.

Ningún comentario:

Publicar un comentario