Arte e ciencia. Concursos
A Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA), a
Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) e mais a
Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA) convidan á
comunidade educativa a festexar o vindeiro 4 de novembro o IV Día da Ciencia en Galego,
para reivindicar o dereito a gozar da ciencia e da arte no noso
idioma. Nesta edición os homenaxeados son o arquitecto Richard
Buckminster, a científica Florence Nightingale e o intelectual e artista
galego Isaac Díaz Pardo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario