17/10/13

San Luis: estamos de volta

O fundador da cadea San Luis reabre tendas pechadas pola multinacional que lla comprou e crea un modelo “100% galego” convencido de que funciona

Estamos de volta. San Luís. O anuncio ocupa todo o escaparate nun local do centro comercial das Roseiras na Coruña. Volve, case 40 anos trala súa creación, a cadea galega de tendas de electrodomésticos. E volve da man do seu fundador. Algo nada frecuente e menos tras ser engullida por unha multinacional francesa que tras sete anos, desistiu, liquidou e marchouse. 

Pero "equivoqueime”, engade. A multinacional “non aguantou o tirón”. E López, con ánimo de recuperar “o capital humano” ao que a francesa non soubo sacar partido, embarcouse de novo, con outros dous socios, na aventura de reabrir en setembro ata dez tendas dunha marca comercial que, sorprendentemente, segue sendo unha referencia líder para os consumidores galegos. Unha enquisa recente corrobora que San Luís é a terceira preferida para comprar electrodomésticos ou eléctronica, catro puntos por encima do seu ata agora dona gala. “É incrible para unha marca que leva sete anos desaparecida”, subliña o empresario coruñés.

E outro empeño do empresario: San Luís volverá ser 100% galega. Xa fora pioneira en utilizar o galego en toda a súa publicidade cando aínda non existía nin TVG, nin a autonomía. “E sen recibir un céntimo de subvención”, unha cultura na que o fundador da cadea nunca creu, nin practicou, insiste. Para poñer á última as tendas da cadea, que recorrerá á web e as redes sociais para “unha constante comunicación co cliente”, os seus donos acudiron á Universidade da Coruña, algo que moi poucos empresarios utilizan, lamenta López, para dotarse dun potente sistema informático.

Ningún comentario:

Publicar un comentario