O Instituto O Mosteirón de Sada foi un dos escollidos para montar unha
exposición itinerante que nas vindeiras semanas percorrerá distintos
centros de toda Galicia. A mostra, que estará no centro desde o 4 ao 11
de maio, pretende achegar á mocidade a figura de Valentín Paz Andrade,
escritor ó que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
Esta exposición componse de cinco paneis con pantallas
integradas e unha videoproxección de gran formato que permiten un
achegamento á súa produción literaria, ao seu compromiso político, á súa
tarefa empresarial e á súa obra ensaística e xornalística. Asemade
tamén contaremos con diversos materiais didácticos para que toda a
comunidade educativa faga uso dos mesmos
Un propósito do Equipo de Normalización da Lingua Galega do noso instituto
é propiciar que os centros da zona teñan a oportunidade de visitar esta
exposición de grande aproveitamento didáctico, polo que todos sodes
convidados a asistir ao noso instituto.
Chamade por teléfono (981620125) de 10:10 a 10:30, ou de 12:10 a 12:30, e preguntade por Xosé. Reservarémosvos un tempo para a visita.
Máis información no blog ÉDELINGUA
Chamade por teléfono (981620125) de 10:10 a 10:30, ou de 12:10 a 12:30, e preguntade por Xosé. Reservarémosvos un tempo para a visita.
Máis información no blog ÉDELINGUA
Ningún comentario:
Publicar un comentario