Xa está en marcha o Correlingua. Na Coruña será o 4 de maio
Cómpre lembrar,
neste ano en que Valentín Paz Andrade é o escritor homenaxeado no Día
das Letras Galegas, que el mesmo participou nas carreiras pola lingua,
cando esta actividade deportivo-reivindicativa comezaba trotar polas
rúas de Vigo, na década dos 80. O Correlingua de hoxe é o sucesor das
carreiras pola lingua de entón, e como daquela quere seguir reclamando a
atención do conxunto da sociedade sobre o noso idioma.
O vindeiro 2 de maio comeza a décimo segunda edición do Correlingua. Para esta edición eliximos o lema: Galego, todo o que buscas, lanzando a mensaxe de que o noso idioma pode e debe estar presente en absolutamente todos os ámbitos.
O alumnado demostrou unha vez máis a súa
capacidade para dar conta da situación do noso idioma, poñendo o foco
sobre aqueles casos en que cómpre centrarse. Así este ano, as e os
participantes no concurso de elaboración de manifestos fixeron fincapé
na necesidade da presenza da nosa lingua nos medios de comunicación, e
sinalaron a perda que supón a desaparición de varias cabeceiras que tiña
como vehículo de comunicación o galego.
Novamente tamén, entenderon o valor dun
manifesto e botaron man dos recursos literarios para facer un chamamento
ao uso do noso idioma. E así, no centenario do nacemento de Celso
Emilio Ferreiro, as palabras dos mozos fai que veña á nosa memoria o
nunca esquecido poema: “Deitado frente ao mar”, palabras de compromiso
co noso idioma, chamamento ás conciencias, reivindicación do uso do nosa
lingua en todo tempo e lugar.
O catro de maio verémonos na Coruña.
ResponderEliminar