22/12/11

Converxencia solicita ao Valedor que faga cumprir a lei das sinais en galego

Converxencia XXI dirixiu un escrito de queixa ao Valedor do Pobo de Galicia, para instalo a que" faga cumprir as leis vixentes sobre sinalización viaria e corrixa centos de sinais que exclúen a lingua galega nas estradas de Galicia".

 Os converxentes denuncian que "ninguén foi quen de facer cumprir a actual lexislación, que leva vixente desde os anos 80, e na que se especifica que a sinalización de estradas, aeroportos, estacións ferroviarias, de autobuses, marítimas e servizos públicos deben estar "na lingua castelá e na outra lingua oficial da Comunidade Autónoma"  e que "os topónimos galegos terán como única forma oficial a galega".
Deste xeito Converxencia pretende "chamar a atención sobre as verdadeiras funcións que debe desenvolver o Valedor de Pobo". Este cargo pediu este mes a retirada dun libro de texto por citar o artigo do Estatuto que di que o galego é a lingua propia do país sen citar o punto que lembra que o español tamén é oficial, cooficialidade que estaba explicada poucas páxinas antes no mesmo libro.
Fronte ao énfase do Valedor contra o libro de Vicens Vives, que a Xunta xa mandou corrixir, Converxencia lémbralle a este cargo que no caso da vulneración da toponimia nos letreiros oficiais "non se coñece que ninguén fose investigado ou sancionado por esta neglixencia continuada durante case 30 anos".

Ningún comentario:

Publicar un comentario