21/11/11

O portugués ao noso alcance

Presentación do curso OPS! O PORTUGUÉS SIMPLES no IES de Breamo (Pontedeume)

A profesora Antía Cortizas presentou no IES Breamo un obradoiro sobre a utilidade do portugués. Houbo gran satisfacción por parte do alumando.

 
E non é para menos, pois quen sabe galego parte con vantaxe nisto de aprender portugués, esa lingua que naceu en Galiza hai máis de mil anos e que é a sexta lingua máis falada do mundo e oficial en oito países. Ou sexa, que agardan por nós nada menos que 230 millóns de oportunidades!
 

1 comentario:

  1. Unha iniciativa excelente e unha boa opción para ampliar a formación das galegas e os galegos, axudando a mellorar as súas expectativas laborais no mundo da lusofonía, que non é pequeno. Non podemos esquecer as múltiples empresas portuguesas que traballan con Galicia. Aprender portugués é unha opción fácil e útil. Tampouco hai que esquecer que O Brasil é un país emerxente. Isto sen mencionar a variada música, a literatura... que podemos entender e disfrutar con moi pouco esforzo. O portugués é unha magnífica xanela a un mundo diverso que ten moito de nós.

    ResponderEliminar