03/06/12

Fálalle galego

En infantil escolle o galego


 Promoción da lingua (1985). Que tempos no que 
a Xunta  facía promoción  do uso do noso idioma

28/05/12

Presentación de Édelingua, produtora de audiovisuais do IES Mosteirón

O venres, día 8 de xuño, ás 20:00 horas, na casa da cultura Pintor Lloréns de Sada, presentaran oficialmente Édelingua, a produtora de audiovisuais do IES O Mosteirón que xurdiu ao abeiro do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e que a día de hoxe leva xa producidas unha ducia de curtametraxes e documentais.
 
    Aproveitan este acto para facer entrega do premio Édelingua 2012, instituído polo EDLG para recoñecer o labor do alumno ou alumna do centro que máis se teña significado na defensa e difusión da lingua galega.
   Farán un breve percorrido polas curtametraxes máis representativas de Édelingua e estrearemos a curtametraxe de ficción O drama do cabalo de xadrez, protagonizado polos alumnos e alumnas de 4º de PDC, e o documental A Filla da Ría de Prata
    Contarán coa presenza das principais autoridades e dos representantes das asociacións e institucións culturais máis representativas de Sada.
    É unha boa ocasión para deixarse caer pola vila de Sada. 
 

22/05/12

Premio Leixaprén para Imaxín Software

Premio promovido e outorgado pola CGENDL


Unha vez rematado o proceso de votación dos ENDL para o Premio Leixaprén o resultado final foi o seguinte:
Imaxin Software: 199 votos. 
R telecomunicacións: 197 votos. 
Alimentos Amorodo: 186 votos. 
Martín Códax: 182 votos. 
Seguridade A-1: 136 votos. 




Como se pode ver, os resultados foron moi parellos e finalmente foi Imaxín Software a galardoada nesta primeira edición do premio que asume a CGENDL logo de que fose creado e mantido dende 1999 pola Asociación Coordinadora Leixaprén de ENL. 




Imaxín Software ( http://imaxin.com/ ) é unha empresa dedicada ao desenvolvemento de programas informáticos e radicada en Santiago de Compostela que emprega o galego en todos os ámbitos de xestión da empresa. Así mesmo, desenvolveu solucións tecnolóxicas para a introducción do noso idioma no mundo empresarial e elaborou ferramentas lingüísticas como Opentrad e Golfiño, así como diversos servizos educativos e pedagóxicos relacionados co ecoloxismo e o fomento dos valores cidadáns a través de xogos multimedia en galego. 
A CGENDL quere convidarvos a todos e a todas a participar no acto de entrega, que terá lugar este sábado 26 de maio a partir das 14:30 durante o xantar que se se celebrará no Hotel Virxe da Cerca de Santiago de Compostela . Animámosvos a asistir a este acto que ademais servirá para ir poñéndolle o ramo a este curso 2011-2012 no que, a pesar das dificultades que sufrimos os Equipos demostramosr unha vez máis o compromiso asumido coa lingua e a formación do noso alumnado. Para confirmar asistencia ao xantar (25€) , tan só cómpre enviar nome e apelidos e centro de ensino a correo@coordinadoraendl.org . A CGENDL mándanos saúdos.

15/05/12

Traballarmos en dinamización lingüística. Unha guía para mellorar o traballo de dinamización da lingua galega

A CTNL publica, dentro da colección Documentos CTNL, Traballarmos en dinamización lingüística. Unha introdución, da autoría de Isabel Vaquero, unha guía que contextualiza a dinamización dentro da planificación lingüística, que analiza actuacións dinamizadoras e que ofrece unha metodoloxía de traballo.



14/05/12

A lingua é adictiva

A optimista reflexión do escritor Marcelino Fernández Mallo, que di que cando unha persoa decide comezar a usar o galego "despois non pode parar", convídanos a pensar sobre a normalización do idioma e os ataques que vén recibindo nos tres anos de goberno de Alberto Núñez Feijoo nun vídeo elaborado por Xosé Bocixa en conversa con Lois Dieguez, Xurxo Souto, F. Xosé Fernández Naval, Antía Otero, X. R. Freixeiro Mato, Dores Tembrás, Estibaliz Espinosa, Pilar Pallarés ou Ánxeles Penas.