28/05/12

Presentación de Édelingua, produtora de audiovisuais do IES Mosteirón

O venres, día 8 de xuño, ás 20:00 horas, na casa da cultura Pintor Lloréns de Sada, presentaran oficialmente Édelingua, a produtora de audiovisuais do IES O Mosteirón que xurdiu ao abeiro do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e que a día de hoxe leva xa producidas unha ducia de curtametraxes e documentais.
 
    Aproveitan este acto para facer entrega do premio Édelingua 2012, instituído polo EDLG para recoñecer o labor do alumno ou alumna do centro que máis se teña significado na defensa e difusión da lingua galega.
   Farán un breve percorrido polas curtametraxes máis representativas de Édelingua e estrearemos a curtametraxe de ficción O drama do cabalo de xadrez, protagonizado polos alumnos e alumnas de 4º de PDC, e o documental A Filla da Ría de Prata
    Contarán coa presenza das principais autoridades e dos representantes das asociacións e institucións culturais máis representativas de Sada.
    É unha boa ocasión para deixarse caer pola vila de Sada. 
 

1 comentario:

  1. Parabéns (especialmente a Xosé). Paréceme unha inciativa boísima e dende logo que intentarei achegarme. Rosa Gloria

    ResponderEliminar