"A cidade é un libro que se le camiñando", dicía Agustín Fernández Paz. 
Pero tamén é un territorio que se entende escoitando os seus sons, a súa
 música e recompilando súa historia cantareira. Iso é parte do que 
pretende o proxecto Música en branco: memoria da Agra do Orzán, presentado este luns na Coruña, unha intervención
 urbana que investiga, documenta, difunde e pon en valor a memoria 
musical e sonora deste popular (e populoso) barrio. Unha 
iniciativa que "explora o patrimonio inmaterial e subliña o valor 
comunicativo da música e a súa capacidade para xerar un tecido común".

 
Ningún comentario:
Publicar un comentario