|  | 
| Autoría da imaxe Ruth Caramés Blanco | 
 Coincidindo co Día de Rosalía e coa celebración do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos,
 a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a 
través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral 
de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convocan 
conxuntamente o concurso Imaxina Cantares! para que os máis novos poidan gozar da obra rosaliana a través de producións en soporte audiovisual. 
O certame está dirixido a alumnado dos centros educativos de 
titularidade pública coordinado por profesorado pertencente ao equipo de
 dinamización da lingua galega que, sempre que o traballo presentado 
acade os mínimos de calidade esixidos polo xurado, recibirá 8 horas de 
formación permanente. Ademais, para os mellores traballos establécense 
dous premios, un primeiro de 300 euros e un segundo de 200, en cada unha
 das tres categorías contempladas: educación infantil e primaria, 
educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e 
ensinanzas especiais. 
150 aniversario da publicación de Cantares gallegos
150 aniversario da publicación de Cantares gallegos
O primeiro poemario de Rosalía escrito en galego, Cantares Gallegos,
 marca o inicio do Rexurdimento das nosas letras e constitúe un 
excelente exemplo de reivindicación da nosa lingua e da nosa dignidade 
como pobo.
Nos últimos anos, as actividades de carácter audiovisual que promoven os equipos de dinamización da lingua galega non son só as preferidas polo alumnado, senón tamén as que se evidencian como máis efectivas para dinamizar e potenciar o uso do galego no eido educativo.
Nos últimos anos, as actividades de carácter audiovisual que promoven os equipos de dinamización da lingua galega non son só as preferidas polo alumnado, senón tamén as que se evidencian como máis efectivas para dinamizar e potenciar o uso do galego no eido educativo.
Con esta iniciativa, o significado dos versos de Cantares Gallegos
 reinterpretarase nas formas de expresión máis atractivas para os 
alumnos e alumnas de hoxe –videoclips, curtametraxes, anuncios 
publicitarios etc.–, sempre sen perder a esencia que os consagrou como 
universais.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 22 de marzo de 2013
Prazo de envío das gravacións: ata o 22 de abril de 2013
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario