28/05/12

Presentación de Édelingua, produtora de audiovisuais do IES Mosteirón

O venres, día 8 de xuño, ás 20:00 horas, na casa da cultura Pintor Lloréns de Sada, presentaran oficialmente Édelingua, a produtora de audiovisuais do IES O Mosteirón que xurdiu ao abeiro do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e que a día de hoxe leva xa producidas unha ducia de curtametraxes e documentais.
 
    Aproveitan este acto para facer entrega do premio Édelingua 2012, instituído polo EDLG para recoñecer o labor do alumno ou alumna do centro que máis se teña significado na defensa e difusión da lingua galega.
   Farán un breve percorrido polas curtametraxes máis representativas de Édelingua e estrearemos a curtametraxe de ficción O drama do cabalo de xadrez, protagonizado polos alumnos e alumnas de 4º de PDC, e o documental A Filla da Ría de Prata
    Contarán coa presenza das principais autoridades e dos representantes das asociacións e institucións culturais máis representativas de Sada.
    É unha boa ocasión para deixarse caer pola vila de Sada. 
 

22/05/12

Premio Leixaprén para Imaxín Software

Premio promovido e outorgado pola CGENDL


Unha vez rematado o proceso de votación dos ENDL para o Premio Leixaprén o resultado final foi o seguinte:
Imaxin Software: 199 votos. 
R telecomunicacións: 197 votos. 
Alimentos Amorodo: 186 votos. 
Martín Códax: 182 votos. 
Seguridade A-1: 136 votos. 




Como se pode ver, os resultados foron moi parellos e finalmente foi Imaxín Software a galardoada nesta primeira edición do premio que asume a CGENDL logo de que fose creado e mantido dende 1999 pola Asociación Coordinadora Leixaprén de ENL. 




Imaxín Software ( http://imaxin.com/ ) é unha empresa dedicada ao desenvolvemento de programas informáticos e radicada en Santiago de Compostela que emprega o galego en todos os ámbitos de xestión da empresa. Así mesmo, desenvolveu solucións tecnolóxicas para a introducción do noso idioma no mundo empresarial e elaborou ferramentas lingüísticas como Opentrad e Golfiño, así como diversos servizos educativos e pedagóxicos relacionados co ecoloxismo e o fomento dos valores cidadáns a través de xogos multimedia en galego. 
A CGENDL quere convidarvos a todos e a todas a participar no acto de entrega, que terá lugar este sábado 26 de maio a partir das 14:30 durante o xantar que se se celebrará no Hotel Virxe da Cerca de Santiago de Compostela . Animámosvos a asistir a este acto que ademais servirá para ir poñéndolle o ramo a este curso 2011-2012 no que, a pesar das dificultades que sufrimos os Equipos demostramosr unha vez máis o compromiso asumido coa lingua e a formación do noso alumnado. Para confirmar asistencia ao xantar (25€) , tan só cómpre enviar nome e apelidos e centro de ensino a correo@coordinadoraendl.org . A CGENDL mándanos saúdos.

15/05/12

Traballarmos en dinamización lingüística. Unha guía para mellorar o traballo de dinamización da lingua galega

A CTNL publica, dentro da colección Documentos CTNL, Traballarmos en dinamización lingüística. Unha introdución, da autoría de Isabel Vaquero, unha guía que contextualiza a dinamización dentro da planificación lingüística, que analiza actuacións dinamizadoras e que ofrece unha metodoloxía de traballo.



14/05/12

A lingua é adictiva

A optimista reflexión do escritor Marcelino Fernández Mallo, que di que cando unha persoa decide comezar a usar o galego "despois non pode parar", convídanos a pensar sobre a normalización do idioma e os ataques que vén recibindo nos tres anos de goberno de Alberto Núñez Feijoo nun vídeo elaborado por Xosé Bocixa en conversa con Lois Dieguez, Xurxo Souto, F. Xosé Fernández Naval, Antía Otero, X. R. Freixeiro Mato, Dores Tembrás, Estibaliz Espinosa, Pilar Pallarés ou Ánxeles Penas. 


09/05/12

VI Feira Matemática

En Palexco o sábado 12 de maio organizada por AGAPEMA

Esta xornada está pensada para a divulgación das matemáticas e dirixida aos alumnos e alumnas de educación infantil, primaria, ESO, bacharelato e formación profesional así como ao profesorado de matemáticas e ao público en xeral. Centrarase sobre as matemáticas e economía. Vantaxes da cooperación. Dende as 11 ata as 19 horas estará aberta a exposición.
Este ano o día escolar das matemáticas celébrase para conmemorar o nacemento do matemático catalán Pedro Puig Adam, que naceu o 12 de maio de 1900.

 Máis información en AGAPEMA

08/05/12

Valentín Paz-Andrade: guía de lectura Letras Galegas 2012

Dende o 03/05/2012 ata o 31/05/2012. 


Guía de lectura de Valentín Paz-Andrade, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012, elaborada pola Btca. Municipal de Estudos Locais.
Como cada ano, a Biblioteca Municipal de Estudos Locais súmase ós actos de homenaxe do Día das Letras Galegas coa elaboración dunha guía de lectura sobre a figura protagonista, que neste ano 2012 corresponde a Valentín Paz-Andrade. 

Mediante a elaboración desta guía de lectura, a Biblioteca Municipal de Estudos Locais pretende contribuír a dar resposta a esta necesidade ofrecendo toda a información de que dispón sobre a figura deste home clave na historia do século XX en Galicia. Foi Valentín Paz-Andrade avogado, político e empresario, amais de ensaísta, poeta e xornalista. Son moitas as facetas desta rica personalidade que se caracterizou, por encima de todo, polo compromiso co país. 
Tras uns breves apuntamentos biográficos sobre o autor, cítanse as distintas referencias bibliográficas correspondentes á documentación presente na biblioteca sobre a súa vida e a súa obra.

07/05/12

Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego

Presentación da película Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego, que terá lugar o vindeiro mércores 9 de maio ás 19.00  na Escola Oficial de Idiomas de A Coruña



05/05/12

Proxecto perseveira

Actividade realizada polo alumnado do PDC do IES de Porto do Son

Os funcionarios e o alumnado de diversificación tamén traballa.

03/05/12

Por un DOODLE en GOOGLE o 17 de maio

Con esta iniciativa preténdese recadar apoio popular para conseguir que Google adique o seu logo do 17 de maio de 2012 a Valentín Paz Andrade

 

 Solicitude popular para  un DOODLE en galego

 

 


4e1496c3e12688.00091208
Han actuado 0 personas
Nos faltan 0 firmas

Actúa ahora

Tu nombre
Tu apellido
Tu correo-e
Cód. Postal

01/05/12