08/05/14

Premio Leixaprén


A CGENDL convoca un ano máis o Premio Leixaprén de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega, unha actividade aberta á participación de todos os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino adscritos á CGENDL.

Nas bases que podedes consultar na páxina web establécese que os destinatarios do premio serán persoas, entidades ou institucións que se caractericen por unha defensa activa da lingua galega en diferentes ámbitos de actuación. As candidaturas seleccionadas nesta edición son:

  • Fernando Vázquez
  • María Xosé Silvar “Sés”
  • María Mera
  • Esther García del Barrio

07/05/14

Ollos de aula

Mes de maio

Mes de maio

A CGENDL acaba de publicar unha nova da revista para as familias do alumnado.
Este número está centrado na figura de Xosé Mª Díaz Castro.
Ademais, entre outros temas, María Xesús Sobrido Gómez fala sobre se é necesario tratar famacoloxicamente tódolos trastornos por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) e Lines Salgado sigue falando das adaptacións curriculares.


http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html

06/05/14

Canción do IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz)

O IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz) canta ao autor das Letras Galegas deste ano

 

Unha melodía coñecida para uns versos por descubrir. A nova proposta do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz. A letra tédela máis abaixo e podedes descargar a canción e a base musical aquí:
https://soundcloud.com/ies-diaz-castro

"Esa lus"

Esa mirada era especial,
xa que nacera no rural
e da terra ó ceo todo tiña o seu misterio
o neno Pepe escribirá

(est 1)
Esa lus, esa lus
se o poema é só un nimbo de lus
son fragmentos de min mesmo
o herdo, o mundo que me deron
se o poema é só un nimbo de lus

(est 2)
Esa lus, esa lus
se o poema é só un nimbo de lus
coma ventos fuxidos
por camiños esquencidos
se o poema é só un nimbo de lus

Más de once linguas que falou
pero unha soa que cantou,
á herba pequerrechiña e dende Parga á Pastoriza
Xose María escribirá

(est 1)
(est 2)

Un paso adiante, un paso atrás
Galiza sempre nel está
ardendo nunha bágoa ou ferido pola beleza
Díaz Castro escribirá

(est 1)
(est 2)

05/05/14

Por min o galego terá mil primaveras máis

Prolingua lanza unha nova campaña de promoción do uso do galego

 ProLingua quere que ese compromiso individual sexa visible nesta primavera. Polo que che pedimos que graves un vídeo dicindo Por min o galego terá mil primaveras máis (ou ben coa frase Por nós o galego terá mil primaveras máis, se o fas en grupo) e que nolo envíes a prolinguagalega@gmail.com antes do 23 de maio. No correo indícanos o teu nome e apelidos, lugar de orixe e profesión.